Skip to Content


 

Radio Mende

PREMIOS PODCAST O VELLO DOS CONTOS

Como ven sucedendo nos últimos curso, un grupo do alumnado de 6º de Primaria participa na convocatoria de Premios Podcast o Vello dos Contos, que neste curso xa van pola VI edición, quedando este curso como 4º finalistas.

PARABÉNS!! E GRAZAS ao IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e Arraianos Producións, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que cada ano nos ofrecen a posibilidade de participar.

 

Premio Podcast 2024 de Entre estrellas que iluminan

XI EMISIÓN RADIO MENDE: ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2024

O pasado día 29 de abril foi gravada unha emisión especial sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada este curso co gallo da celebración das Letras Galegas 2024. Ademais este podcast foi enviado para participar no VI Certame de Premios de podcast O Vello dos Contos.

Para escoitar PREMER no arquivo adxunto

X EMISIÓN RADIO MENDE: CONCURSO PODCASTS RADIO NA BIBLIO

O pasadso 15 de abril foi enviada a documentación e o correspondente arquivo de audio sobre a autora das Letras Galegas deste ano, Luísa Villalta, creado por un grupo do alumnado de 6º de E. Primaria e as súas familias, para participar no VI concurso de podcasts de Radio na Bilbio.

Premendo no arquivo adxunto poden escoitar este audio: "Un canto da vida de Luísa" con música de A BANDA DA LOBA ft Tomé Mouriño - Cruel filosofía (Luísa Villalta)

Grazas a todos os participantes

IX EMISIÓN RADIO MENDE: DÍA DO LIBRO 2024

O pasado día 23 de abril, co gallo da celebración do Día Internacional do Libro, Andrea Fernandez de 3º ESO A realizou a lectura dun capítulo das Aventuras de D. Quijote de la Mancha en directo. 

Deixamos aquí a correspondente gravación para que poidan volver escoitala, PREMER NO ARQUIVO ADXUNTO

Grazas Andrea!!

 

BIBLIOTECA CREATIVA: FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO

Este martes, 2 de abril, e para arrancar trimestre con novas aprendizaxes, o alumnado de 6º de E. P. e un grupo de 4º da ESO recibiu formación da man de Damián Alonso de Escolas...nas Ondas! para a creación de podcasts na nosa Radio na Biblio. 

Moitas aprendizaxes e unha gran experiencia que compartimos aquí cunha reportaxe e adxuntando o programa realizado nesta formación. A creación, imaxinación e improvisación do noso alumnado é realmente abraiante, así que aínda que un chisco longo, porque participaron todos por parellas e con temáticas diversas, merece a pena.

Ánimo rapazada e profesorado de Mende a seguir participando e creando podcasts.

E moitísimas grazas a Damián por tantas ideas e axudas, coas que agardamos mellorar moitos os nosos programas de Radio Mende.

Formación radio na biblio de Entre estrellas que iluminan

8ª EMISIÓN RADIO MENDE-8M

Durante esta semana todo o alumnado do centro estivo implicado na edición desta nova emisión de Radio Mende.

1º- Alumnado de Infantil e Primaria: “A muller máis importante para min”

2º- Alumnado da ESO: “Eu non quero ser princesa nin principe por..."

Premendo nos arquivos adxuntos poden escoitar estas emisións e le as respectivas escaletas.

7ª EMISIÓN RADIO MENDE-ROSALÍA DE CASTRO 2024

Nas últimas semanas un grupo do alumnado de Primaria estivo coñecendo a nosa escritora máis preciada, Rosalía de Castro, e hoxe no seu día, este grupo recita dende a Radio un dos seus poemas "Adiós ríos, adiós fontes". PARABÉNS!!

PARA ESCOITAR OU LER PREMER NOS DOCUMENTOS ADXUNTOS

6º EMISIÓN RADIO MENDE-DÍA DA PAZ

5º PROGRAMA RADIO MENDE: RECEITAS SAUDABLES DE NADAL

A emisión do Programa de Nadal, levado a cabo o pasado 21 de decembro, foi realizado polo alumnado que asiste a sesións de Audición e Linguaxe coa Mestra María. 

Moitos Parabéns a este grupo pola súa creatividade tanto en expresión escrita como oral.

Para volver escoitar PREMER no arquivo adxunto.

 

 

 

4º PROGRAMA RADIO MENDE CURSO 2023-24: 25 N

A celebración dos Días Internacionais dannos a oportunidade de sensibilizar ao público en xeral sobre temas de gran interese, como os dereitos humanos, o desenvolvemento sostible ou a saúde. Ao mesmo tempo, pretenden chamar a atención dos medios de comunicación e dos Gobernos para dar a coñecer problemas sen resolver que precisan de medidas políticas concretas.

A violencia contra a muller segue sendo un obstáculo para acadar a igualdade, o desenvolvemento, a paz, ao igual que o respecto dos dereitos humanos de mulleres e nenas. A promesa dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de non deixar que ninguén se quede atrás, non poderá cumplirse sen poñer primeiro fin á violencia contra mulleres e nenas.

No Centro, esta semana, o alumnado estivo a realizar diferentes tarefas co fin de acadar estes obxectivos. 

Unha destas tarefas foi a gravación e edición deste programa de radio, realizada por dúas alumnas de 4º ESO C, e no que participaron membros de toda a Comunidade Educativa, con anacos de música da canción "Nais e Avoas" do álbum A Malfalada de Pauliña.

PARA ESCOITAR PREMER NO ARQUIVO ADXUNTO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut