No blogue do departamento (bioxeomende.blogspot.com) tedes o resumo e as fotos das actividades que realizamos ao longo da semana do 22 ao 26 de marzo: identificación das árbores e arbustos do cole, excursión a San Tomé e charla sobre a muller na ciencia e o cambio climático a cargo de Susana Bayo (investigadora en Físicas).
Os alumnos e alumnas de 3º de ESO deseñaron o seu propio experimento para comprobar a presenza de amidón en distintos alimentos seguindo o método científico, e prestando especial atención aos embutidos e outros procesados que teoricamente non deberían contelo. Levárono a cabo no laboratorio do centro, sacaron as súas propias conclusións e redactaron o informe correspondente.
Os nenos e nenas de 1º de ESO realizaron estas vistosas maquetas dos distintos tipos de células que estudiaron na materia de Bioloxía. Non faltaron as bacterias (células procariotas) nin as células das algas e plantas (eucariotas vexetais), así como as de protozoos e animais (eucariotas animais). Demostraron ser moi mañosos e aplicados e con elas fixemos esta pequena exposición.