Skip to Content


 

Novas

AUXILIARES DE CONVERSA

Informamos ás familias que a partires do luns 7 de novembro, contaremos no centro con dúas auxiliares de conversa, Phili e Amy, que farán o apoio das profesoras de Inglés.

Esto facilitará a aprendizaxe da lingua inglesa do alumnado tanto en infantil e primaria como en secundaria posto que terán a oportunidade de falar con dúas profesoras procedentes do Reino Unido.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Xa están en marcha as seguintes actividades extraescolares organizadas pola ANPA do CPI José García:

Balonmán: Primaria, Martes e Xoves.

Voleibol:Primaria, Martes e Xoves

Psicomotricidade: Infantil e primeiro ciclo de primaria. Martes e Xoves

Patinaxe: Primaria. Martes.

Baile: Primaria. Xoves.

A maiores, hai oferta de actividades deportivas fóra do centro:

Bádminton: Martes e Venres ás 18:00 no Polideportivo do IES As Lagoas. Primaria e ESO. CLUB ATHLOS

Rugby: Martes e Xoves ás 19:00 no campo da Universidade. ESO. RUGBY CLUB OURENSE

Natación: Luns, Mércores e Venres ás 17:15 na piscina da Universidade. Primaria e ESO

ROUPA PERDIDA

Estimados Pais/Nais:

Imos proceder á doazón a unha ONG da roupa acumulada do ano anterior no caixón de obxectos perdidos (en conserxería).

Daremos un prazo durante a primeira semá de outubro para que revisen dito caixón e retiren a roupa que recoñezan como súa.

CAMBIO NO HORARIO DO CENTRO

A partires do vindeiro luns 3 de Outubro, o horario do centro pasará a ser o normal do curso:

Entrada: 9:00 horas

Saída: 15:00 Luns, Mércores e Venres

Saída: 16:00 Martes e Xoves

REUNIÓN CON PAIS/NAIS ESO

O vindeiro Xoves 29 de Setembro, ás 19:00 horas, nas instalacións do CPI, teremos unha xuntanza entre Dirección, Xefatura de Estudos, Titores e Pais/Nais de primeiro da ESO co fin de explicar as normas de funcionamento do centro para o presente ano.

REUNIÓN CON PAIS/NAIS

O vindeiro xoves 22 de setembro, nas instalacións do CPI temos unha xuntanza entre a directiva, titores e pais/nais do alumnado de infantil e primaria para presentar o curso e informar sobre as normas de funcionamento.

Aproveitaremos esta reunión para presentar á directiva do ANPA e a oferta de actividades extraescolares deste curso.

Horario da última semana

Na última semana do curso haberá modificacións no horario nos seguintes días:

     

HORARIO XUÑO

En xuño temos novo horario de clase:

Entrada á mesma hora.

Saída Primaria: 13:20 horas.

Saída ESO: 13:50 horas

Saída do transporte ás 14:25 horas.

Mantense o servizo de comedor e desaparecen as clases das tardes do martes e xoves.

Así mesmo, rematan as actividades extraescolares o 31 de Maio.

Consello Escolar Ordinario

O vindeiro Xoves 14 de Abril, ás 18:00 horas, terá lugar na sala do profesorado do Centro a sesión ordinaria de Consello Escolar correspondente ao terceiro trimestre. Tedes a convocatoria no E-Mail.

Ao remate deste Consello haberá outro Extraordinario para decidir a Comisión de Avaliación dos proxectos de dirección presentados.

SAÍDAS DO CENTRO NON HABITUAIS

Cando un alumno teña que voltar á casa de xeito non habitual, porque non colle o transporte escolar, porque lle ven recoller un familiar, etc, deberá solicitalo en secretaría co documento que se pode descargar no seguinte enlace:

SOLICITUDE

Distribuir contido


by Dr. Radut