Skip to Content


 

CONTACONTOS

O Xoves 16 tivemos sesión dobre de CONTACONTOS, unha para infantil e primaria e outra para Secundaria, dentro do programa de Animación á Lectura.

Contacontos infantil e primaria

contacontos secundaria

CHARLA DEPORTIVA

Hoxe nos visitaron as xogadoras do club Pabellón de Baloncesto Femenino. Nos falaron de integración e deporte, de que debemos practicar máis deporte e de que hai que ir a ver máis deporte femenino.

Despois da charla xogaron un pouco ao Baloncesto co alumnado de primaria e infantil e, como despedida,  firmaron unha chea de autógrafos.

CLUB BALONCESTO FEMENINO PABELLÓN OURENSE

O Xoves 16 de Decembro nos visitan as xogadoras do Clube pabellón para dar unha charla sobre traballo en equipo e  deporte femenino ao alumnado de infantil e primaria

PRIMEIRA AVALIACIÓN

Ao longo desta samana estanse a levar a cabo as reunións correspondentes á PRIMEIRA AVALIACIÓN.

O Boletín coas cualificacións será entregado ao alumnado o MARTES 21 (Primaria) e o MÉRCORES 22 (ESO).

Lembramos aos pais/nais, que deberán asinar o boletín e entregar o resguardo ao titor correspondente á volta das vacacións de Nadal.

RESULTADO DO SORTEO DA CESTA DE NADAL

En sorteo celebrado no CPI José García de Mende - Ourense, ante os representantes do alumnado de 4º de ESO, coa man inocente dunha alumna de 1º de ESO e en presencia da Dirección do Centro, saiu gañador o número:

1467

Pode recoller a cesta en días laborables e en horario de 8:45 a 14:30 horas presentando a rifa gañadoraen Secretaría.

XA APARECEU O GAÑADOR, 

que recolleu o premio o martes 14 de Decembro NORABOA:

SORTEO CESTA NADAL

O vindeiro venres 10 de Decembro, ás 11:45 horas terá lugar o sorteo da cesta de nadal do alumnado de 4º de ESO a beneficio da excursión de fin de curso.

O sorteo será no patio do CPI, e o resultado será publicado nesta páxina.

SORTE A TOD@S

NEVE II

As clases se desenvolveron con total normalidade ata as 12:00 en que recibimos a comunicación da empresa de transportes MOMBUS, de que dadas as condicións meteorolóxicas, non poden asegurar o transporte do alumnado pola tarde.

Consultadas as demais empresas  e vendo  que non poñen problemas, pasamos a evacuar a todo o alumnado transportado por MOMBUS, mentres que o resto do alumnado  mantivo a actividade lectiva con total normalidade.

NEVE

O centro permanecerá aberto   con actividade lectiva normal.

Se as condicións de neve empeorasen ao longo da mañá, a Consellería contempla a posiblidade de  adiantar o regreso a casa do transporte escolar.

Estean atentos a estes posibles cambios.

Se observan que na súa zona xa hai dificultades para o transporte por carretera, recomendamos que deixen aos rapaces na casa en previsión de que empeoren as condición climáticas.

Lamentamos que no día de onte a páxina non estivera operativa por causas totalmente alleas á nosa vontade.

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

No proceso de votación ao Consello Escolar celebrado ao longo do Xoves 25 de Novembro do 2010, o resultado deu como candidatos elixidos os seguintes:

Representantes de Pais/Nais: Dª Mónica Rodríguez Torres
D José Pérez González
 Representantes do Alumnado:

Alba María Campello Cendán

 Pedro de Juana de Frutos
 
  Representantes do Profesorado Dª Ana Rosa Rodríguez Vilachá
 Dª Ana Mª Jiménez González
 Dª Mª Soledad Losada Deus
 Dª Mª Concepción Guerra Hoyos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Eleccións ao Consello Escolar

O vindeiro Xoves 25 estará a Mesa Electoral:

Na Secretaría do Centro  entre as 9:00 e as 16:00 para as votacións do sector Pais e Nais.

Na Biblioteca entre as 9:50e as 11:00 para as votacións do sector Alumnado.

Na Sala do Profesorado ás 11:30 para o Claustro Extraordinario de votacións do sector Profesorado.

Animamos a toda a Comunidade Educativa a participar neste proceso electoral.

       

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut