Comezamos a semana con arte. Mostramos as mellores obras do obradoiro de sonetos visuais que fixo o alumnado de Secundario apoiados polo Departamento de Plástica e o de Lingua pouco antes do confinamento. A idea inicial era rematar o obradoiro cunha exposición dos sonetos que xa non puidemos facer. Cremos que hai que dar a coñecer o resultado da creatividade e entusiasmo do alumnado, así que decidimos facer esta composición para compartir con vós.
(premer enriba da foto)