Skip to Content

Curso 2022-2023

FESTA DE ENTROIDO

17/02/2023 13:28
Europe/Madrid

Un ano máis celebraremos o entroido no cole.

Durante toda a semana O MECO dará as ordes de qué por cada un dos días ( podedes ver as ordes, no cartel adxunto)

O venres retomaremos  o tradicional desfile ata a praza do concello, farémolo sobre ás 10:15 h. 

De volta ao cole, cada curso fará unha pequena coreografía no patio ,para que as familias poidan ver con facilidade os traxes dos nenos e nenas.  

COÑECE DECIDE

09/02/2023 00:00
16/02/2023 00:00
Europe/Madrid

De novo a asociación ÉRGUETE achegarase ao noso centro para traballar con 4º de primaria.

Serán  dúas xornadas (9 e 16 de febreiro) onde os nosos nenos e nenas aprenderán dun xeito lúdico, a importancia de reforzar a propia personalidade,de quererse e valorarse tal como son. 

CARREIRA SOLIDARIA

30/01/2023 00:00
Europe/Madrid

Con motivo do "Día Escolar pola Paz", o noso cole conxuntamente con EEI Outeiro e CEIP Doutor Suarez, adicaremos toda a xornada a actividades para traballar e reflexionar sobre a situación de moitos nenos e nenas que viven nos países en guerra.

Como remate faremos unha carreira solidaria dende o cole ata a casa cultural de Pazos, onde as ANPAS nos ofrecerán chocolate con rosca a cambio de 1 euro.

Os fondos recaudados serán donados a ONG Save The Children

DEPORTE ESCOLAR

26/01/2023 00:00
Europe/Madrid

Os alumnos de 6º de primaria irán ata o Lago de Castiñeiras, para disfrutar toda a mañán,dunha xornada de deporte.

Contarán coa participación dos coles : - CPI O Toural

                                                        - CEIP Padín Trouteiro 

ACTUACIÓNS DO NOSO ALUMNADO

21/12/2022 15:50
Europe/Madrid

Os nenos e nenas  de EI e EP disfrutarán ,ao longo deste día, de varias actuacións organizadas polo equipo de Dinamización Da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca "ÁRBORE SABIA"

- Dúas actuacións de ACROSPORT, nas que participarán nenos e nenas de 5º e 4º de Primaria.

-Recital de Panxolinas, por parte do alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Primaria.

-Obra de tearo na biblioteca, representada polos nenos e nenas de 4º de primaria.

 

Aquí vos deixamos un vídeo da Obra de teatro. Disfrutádea

 

FESTA PRE-FIN DE ANO

22/12/2022 13:33
Europe/Madrid

O xoves 22 de decembro, os nenos e nenas de 4º de Primaria farán unha pequena representación teatral na nosa biblioteca para todo E.I e E. Primaria

Despois sobre ás 12:00h, faremos unha gran festa  de confraternidade, na que todos colaboraremos para celebrar o remate de ano e de trimestre.

Viremos moi elegantes para celebrar este fin de ano anticipado e tamén para darlle a benvida ao 2023 coas badaladas e os gusanitos, xa tradicionais no noso cole.

Que ben o pasamos!!! Así o mostran estas fotos:

CLASE CULTURAL DE INGLÉS

21/12/2022 09:30
Europe/Madrid

A clase cultural de Inglés impartirase ás 9.30h paara 1º e 2º ESO e ás 10:20h para 3º e 4º ESO.

FESTIVAL DE NADAL

22/12/2022 10:01
Europe/Madrid

Os alumnos da ESO como despedida do primeiro trimestre, teran un festival con diversas actuacións que celebraremos no auditorio do Concello.

"QUÉROTE MÁIS".

20/12/2022 09:30
Europe/Madrid

Charla sobre Educación Sexual para 3º da ESO

VISITA DE PAPÁ NOEL E O APALPADOR

20/12/2022 10:00
Europe/Madrid

O 20  de decembro disfrutaremos todo E.I. e Primaria dunha xornada moi especial.

-Empezaremos cun espectáculo de MAXIA no Auditotio do Concello.

-Despois os máis cativos, poderán entregar personalmente as súas cartas, a PAPÁ NOEL.

-Remataremos a xornada coa visita do APALPADOR.

Distribuir contido


by Dr. Radut