Skip to Content

Curso 2022-2023

Pegada Dixital

07/06/2023 09:30
Europe/Madrid

Os alumnos de 2º da ESO asistirán a unha formación onde traballarán a identidade dixital e a configuración segura das redes sociais.

Charla Coloquio: "A presentación contra as mulleres tras o golpe de estado de 1936"

12/06/2023 09:35
Europe/Madrid

En colaboración coa oficina municipal de información a xuventude (OMIX) do concello, os alumnos da ESO asistirán a unha charla coloquio con Montse Fajardo.

Teatro: " A Volta á provincia das Misións Pedagóxicas"

22/05/2023 09:30
Europe/Madrid

En colaboración coa oficina municipal de información a xuventude (OMIX) do concello, os alumnos da ESO asistirán á obra de teatro " A Volta á provincia das Misións Pedagóxicas" a cargo do grupo Polo Correo do vento no auditorio do concello.

Proxección do documental "ACORDA"

30/03/2023 09:30
Europe/Madrid

En colaboración coa oficina municipal de información a xuventude (OMIX) do concello, os alumnos da ESO asistirán ao visionado do documental "ACORDA". Tamén visitarán a exposición sobre dito documental.

Prantación de árbores e visita aos petróglifos.

15/03/2023 09:55
Europe/Madrid

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria participarán na prantación de árbores en Amoedo, invitados pola comunidade de montes e dentro do programa da Fundación Repsol.

Dividiranse en dous grupos e mentres uns prantan árbores outros visitarán os petróglifos.

Saída aos institutos do Meixueiro (Vigo)

15/03/2023 09:46
Europe/Madrid

Os alumnos de 4º da ESO visitarán os institutos do Meixueiro (Vigo) para coñecer a oferta de ciclos formativos e ter máis posibilidades de elección de cara ao próximo curso.

XORNADA DE CINE

29/03/2023 13:47
Europe/Madrid

Para rematar este trimestre, todos os nenos e nenas de E.I e E. Primaria irán ata o centro comercial de Gran Vía . Alí disfrutarán da película MOMIAS, mentres comen unhas palomitas.

Nesta ocasión tamén contaremos coa compañía dos compis da EEI de Outeiro.

OBRADOIRO SOBRE DIVERSIDADE

27/04/2023 13:49
Europe/Madrid

A asociación Nos mesmas estarán no noso centro,os días 27 e 28 de abril, para impartir uns obradoiros con 5º e 6º de Primaria. O 27 de abril tamén asistirán 1º e 2º de ESO.

A temática a traballar será sobre diversidade afectivo-sexual e de xénero.

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

01/03/2023 15:42
Europe/Madrid

Os alumnos/as de 1º/2º/3º de Primaria farán unha saída a Pontevedra para visitar:

Museo de Pontevedra (10:30-11:30). Participarán na actividade "Trea, a miña amiga da Prehistoria". Visita guiada e dinamizada pola boneca Trea, que con xogos e lendas populares achegará aos nosos cativos, a arqueoloxía.

AFUNDACIÓN (Obra Social ABANCA) (12:00-13:00). Donde poderán disfrutar da obra de teatro "NAUTILUS 20.000 LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO".

DEPORTE ESCOLAR

15/02/2023 14:00
Europe/Madrid

Os alumnos de 6º de primaria irán ata Soutomaior para disfrutar dunha xornada de deporte.

Nesta ocasión contarán coa participación do cole Santiago Apóstol.

Distribuir contido


by Dr. Radut