Mellora da convivencia
On joue? Xogamos? : Colin-Maillard ou A Pita Cega
O martes 28 de febreiro continuamos co noso proxecto; neste caso o xogo elixido foi Colin-Maillard ou Pita Cega. Este é un xogo popular xa ben coñecido por todo o alumnado, consiste en tapar os ollos dunha persoa que ocupa o centro da roda e os demáis xiran ó seu arredor. Cando a pita cega manda parar diríxese a un dos participantes da roda tentando adiviñar quen é apalpándolle a cara e cabelo.
On joue? Xogamos? : Le Cheval Bayard - O Cabalo Baio
O martes 21 de febreiro deu comezo a dinamización dos recreos de primaria. Hugo Alvar de 4º de ESO presentou o proxecto e encargouse da realización das fotos e da amplificación. O noso primeiro xogo foi o Cheval Bayard ou Cabalo Baio, que consiste en facer avanzar unhas basoiras entre as pernas de diferentes maneiras e ver cál dos grupos é o máis rápido.
On joue? (Xogamos?) Proxecto Interdisciplinar 1º ESO Francés
Este curso como proxecto de francés do curso de 1º de ESO traballaremos o plurilingüismo e a mellora da convivencia no centro por medio do proxecto ON JOUE? (Xogamos?), No primeiro trimestre traballamos a partires do capítulo adicado ós xogos populares de mediados do século XVI que aparecen listados no Gargantúa e Pantagruel de Rabelais, e que tamén foron retratados no cadro de Brueghel Xogos de Nenos.
Formáronse grupos de alumnado que escolleron algún dos xogos citados e buscaron información de cómo se xoga e elaboraron unha ficha para cada xogo co nome en francés, galego e as regras do xogo.
Despóis puxémonos en contacto co grupo de 4º de ESO de Valores Éticos que está traballando na dinamización e conviencia nos recreos e coordinámonos para realizar un xogo cada martes para o alumnado de primaria. Hugo Alvar será o noso dinamizador.
DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA
Enviado por Anónimo o Mér, 05/02/2020 - 21:10O alumnado de 1º e 2º curso de educación primaria celebramos o Día da Paz e a non violencia. Para iso fixemos moitas actividades:
- Decoramos os murais das nosas aulas con pombas da paz.
- Recortamos corazóns para facer unha árbore da paz e falamos de valores como a tolerancia, a igualdade, o respecto...
- Cantamos a canción "Odio por amor" de Juanes.
- Aprendimos quen era Gandhi e recitamos unha poesía en inglés aos nenos e nenas de educación infantil.