EDUexcelencia
Ecosistemas
En grupos,elaboramos dioramas sobre distintos ecosistemas en caixas de zapatos. Cada diorama ía acompañado dun folio que achegaba información sobre o ecosistema, e un mapa onde se mostraban os lugares do mundo onde se podían atopar.
Estatística
Para traballar contidos estatísticos realizamos dúas experiencias:
- na primeira experiencia fixemos dúas táboas: unha na que mostrabamos os resultados posíbles ao tirar dous dados e sumar os resultados e outra na que multiplicabamos os resultados. Logo, analizamos os datos.
- na segunda experiencia xogamos a pedra, papel,tesoira. Xogamos oito partidas e colocamos os datos nunha táboa, despois elaboramos un diagrama de barras e por último analizamos os resultados.
Números negativos e positvos
Para rematar de familiarizarnos cos números enteiros, desta volta tivemos que buscar na Internet distintos datos e despois elaborar unha recta numérica e represntar estes datos.
Laboratorio
Desta volta experimentamos coa masa, o voume e a densidade. Fixemos distintos experimentos para traballar estes conceptos.
EXPERIMENTAMOS: CAIXA DOS SENTIDOS
Comezamos a aprender sobre o corpo humano, e para iso realizamos o primeiro de moitos experimentos que nos esperan ao longo do curso.
(Recordade que para ver as fotos tedes que premer onde pon ler máis)
Taller de repostería
O pasado luns pasamos unha tarde moi especial e moi doce. Fixemos uns biscoitos recheos de nata e con cuberta de chocolate. Decorámolos con froitas e o noso nome en chocolate. Ñam, ñam!
Puzzle sistema solar
Para axudarnos a coñecer o sistema solar fixemos este puzzle no que tiñamos que colocar cada planeta na súa orbita e relacionar cada un coas súas características.
O universo
En ciencias sociais os nenos de 1ºB estudiamos o tema do universo.
Aprendemos cales eran as constelacións mais importantes que se poden ver desde a terra e os nomes dos planetas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »