ARCO e Proa +
On joue? Xogamos? : Saute Mouton (Pídola) et La Chaise (A silla da Raíña)
O 18 de febreiro estivemos de novo no patio para lembrar un par de xogos tradicionais: A pídola, que consiste en saltar sobre un compañeiro/a e a Silliña da Raíña, na que dúas persoas pasean a outra ó ritmo dunha cancionciña ata que a canción remata e a deixan caer... suavemente!! Aquí tedes as fotos para ver o ben que o pasamos:
Saute mouton ou Pídola
La Chaise ou Silliña da Raíña
On joue? Xogamos? : Les Cerceaux - Os Aros
Este martes 11 de febreiro o xogo que tocaba foi xogar aos Aros. Fixemos dous xogos: o primeiro consistía en facer unha roda e pasar por medio do aro cada un dos membros da roda. O segundo consistía en un xogo parecido ás sillas musicais. Mentres cantabamos unha canción dun lobo camiñabamos arredor dos aros e cando o lobo saía da cova a pillar había que refuxiarse nun aro. O/A que quedaba sen aro era eliminado/a.
On joue? Xogamos? : Jouer aux billes - Xogar ás canicas
O martes 4 de febreiro adicamos o recreo a divesos xogos de canicas como O Juá, O Ollo e A Quita.
O Juá consiste en meter a canica nun burato.
O Ollo en sacar as canicas das dúas esquinas dun ollo pintado no chan.
A Quita trátase de sacar unha canica do sitio.
On joue? Xogamos? : Colin-Maillard ou A Pita Cega
O martes 28 de febreiro continuamos co noso proxecto; neste caso o xogo elixido foi Colin-Maillard ou Pita Cega. Este é un xogo popular xa ben coñecido por todo o alumnado, consiste en tapar os ollos dunha persoa que ocupa o centro da roda e os demáis xiran ó seu arredor. Cando a pita cega manda parar diríxese a un dos participantes da roda tentando adiviñar quen é apalpándolle a cara e cabelo.
On joue? Xogamos? : Le Cheval Bayard - O Cabalo Baio
O martes 21 de febreiro deu comezo a dinamización dos recreos de primaria. Hugo Alvar de 4º de ESO presentou o proxecto e encargouse da realización das fotos e da amplificación. O noso primeiro xogo foi o Cheval Bayard ou Cabalo Baio, que consiste en facer avanzar unhas basoiras entre as pernas de diferentes maneiras e ver cál dos grupos é o máis rápido.
On joue? (Xogamos?) Proxecto Interdisciplinar 1º ESO Francés
Este curso como proxecto de francés do curso de 1º de ESO traballaremos o plurilingüismo e a mellora da convivencia no centro por medio do proxecto ON JOUE? (Xogamos?), No primeiro trimestre traballamos a partires do capítulo adicado ós xogos populares de mediados do século XVI que aparecen listados no Gargantúa e Pantagruel de Rabelais, e que tamén foron retratados no cadro de Brueghel Xogos de Nenos.
Formáronse grupos de alumnado que escolleron algún dos xogos citados e buscaron información de cómo se xoga e elaboraron unha ficha para cada xogo co nome en francés, galego e as regras do xogo.
Despóis puxémonos en contacto co grupo de 4º de ESO de Valores Éticos que está traballando na dinamización e conviencia nos recreos e coordinámonos para realizar un xogo cada martes para o alumnado de primaria. Hugo Alvar será o noso dinamizador.