Leo con Grin.

No mes de febreiro o alumnado de cinco anos inicia un novo proxecto ata finais de xuño, ímos afianzar a lectroescritura cunha nova ferramenta, os Ipads, tan motivador para eles. A actividade ten unha estrutura moi marcada, catro nenos xogan sós e van interiorizando os pasos a seguir, como cambiar de nivel... ata como se encende/apaga o Ipad, desprazarse polos iconos para identificar os xogos...

Unha vez que teñan interiorizado estes elementos, os titores explican, axudan... aos seus alumnos e alumnas que a súa vez serán titores doutros nenos e nenas da clase.

 

 

 

Iniciación na robótica!

Os alumnos de 6º nivel de Educación Infantil do noso centro están a realizar un obradoiro anual sobre Robótica. Realizamos varias actividades onde eles e elas tiñan que vivenciar co ser corpo os diferentes movementos destes "bichiños": paso a diante, paso atrás, a un lado e o outro.

O seguinte paso foi iniciarse na programación dos Escornabot, saber onde teño que ir para poder dirixilo.

 

Os nosos partidos políticos

O alumnado de 5ºB afondouse durante o segundo trimestre no estudo da poboación e a súa organización. Tras coñecer o funcionamento da sociedade dende os últimos anos ata a actualidade así como os cargos necesarios para que esta poida seguir evolucionando, o alumnado distribuiuse en grupos onde puido deseñar o seu propio partido político coas sùas ideas e a súa forma de entender a sociedade. Así aprenderon a traballar en equipo, contrastar diferentes puntos de vista, chegar a acordos, respectar as opinións dos demáis... promovendo valores e desenvolvendo as Competencias Sociais e Cívicas.

Como resultado, os discentes expuxeron un cartel publicitario do seu partido onde se recollían as súas principais ideas, obxectivos, cargos, valores e propostas para a sociedade, desenvolvendo así a Competencia Lingüística, potenciando principalmente a expresión escrita. Ademais, para fomentar a destreza da expresión oral o alumnado presentou aos seus compañeiros/as o seu partido político e finalmente, tras cada exposición, realizamos un debate respecto ás propostas feitas. Deste xeito tamén se traballou a Competencia en Sentido da Iniciativa e Espírito Emprendedor, pois eran os discentes os que elaboraban as propostas.

Partido Político Movemento Laranxa

Partido Político Os Dereitos Xenerosos

Partido Político Paz, Amor, Amizade

Partido Político Sempre Amigos

 

Os sentidos

Durante o primeiro trimestre o alumnado de 5ºB de Educación Primaria traballou e experimentou cos cinco sentidos. Para iso, de forma grupal, tiñan que taparse os ollos uns a outros e ir adiviñando diferentes sonidos, olores, sabores, texturas... de diferentes obxectos e alimentos traídos da casa. Finalmente, para o sentido da vista fixemos a actividade ''O cego vai ao baile'' na que o alumnado debía de bailar por parellas, un deles/as cos ollos tapados. Isto tamén nos serviu para reafirmar a confianza nos nosos compañeiros/as.O sentido do olfato

O sentido do tacto

O sentido do oído

O sentido da vista

 

 

Descubrindo ecosistemas

O alumnado de 5ºB de Primaria afondouse no coñecemento dos ecosistemas terrestres e acuáticos durante o terceiro trimestre. Tras coñecer os diversos tipos, os discentes organizados de forma grupal escolleron un ecosistema e indagaron en distintas fontes para posteriormente informar ao resto do alumnado das especies que nel se atopan, as relacións entre os individuos así como as súas formas de alimentación, elaborando como axuda unha presentación en cartolina.

Durante a realización desta actividade, o alumnado desenvolveu a Competencia Científica a través do coñecemento de diversos seres vivos, o seu hábitat, as especies en perigo de extinción así como a importancia de respetar o medio e non interferir e danar os ecosistemas. Asimesmo os discentes desenvolveron a Competencia de Aprender a Aprender, pois eran eles/as mesmos/as quenes debían contrastar diferentes fontes informativas (enciclopedias, documentais de seres vivos, búsqueda na rede...) e ser quen de seleccionar as máis relevantes. Por outra banda a Competencia Lingüística xogou un papel imprescindible como motor transmisor da información, mediante a expresión escrita (na elaboración da presentación da actividade) e a expresión oral a través da comunicación do coñecemento adquirido aos seus compañeiros/as.

A sabanaO polo Norte: O ÁrticoO LeopardoA balea azulO polo Norte: O ÁrticoEcosistema acuático: Mar Morto

 

Contacontos

Ao longo do terceiro trimestre o alumnado fixo un proxecto vencellando a Plástica e as Linguas: facer un conto infantil.

Primeiro, tiveron que investigar os elementos típicos dos contos infantís para poder elaborar o seu propio conto. Unha vez creado, tiveron que ilustrar o seu conto usando unha caixa. Cada cara da caixa era unha parte do conto.

O derradeiro paso sería contarlle o conto  aos máis pequenos, procurando que os entendensen e  nun soporte distinto ao que están acostumados.

 



Construción dun metro, dun metro cadrado e dun decímetro cadrado.

Para entender o que é un metro cadarado, o alumnado construiu un metro, un metro cadrado e un decímetro cadrado.

En grupos de 3, un grupo construiu o metro e outro o metro cadrado no chan; o grupo restante construiu un metro cadrado nun papel. Finalmente, todos construiron un decímetro cadrado para comprobar que nos fan falta 100 para encher un metro cadrado.

 



Árbore xenealóxica.

O alumnado de 5º A fixo unha árbore xenealóxica para traballar con distintas fontes históricas. Velaquí o resultado.

 



Mosaicos

Traballando as simetrías e Al- Ándalus o alumnado fixo uns mosaicos para traballar estos dous temas.

O clima: Que levo na maleta?

Cando viaxamos a un sitio o primeiro que pensamos é que levaremos na maleta, todo dependerá do clima do lugar en cuestión.

Así pois, no segundo trimestre o alumnado de 5ºB, distribuido en parellas, decidiu a que lugar do mundo lle gustaría viaxar, para logo facer a súa propia maleta e coller rumbo. Para iso acudimos á aula de informática onde o alumnado puido buscar na rede o clima dese lugar en concreto, ademáis doutra información relevante para a súa viaxe: a lingua, a bandeira, a situación xeográfica, o transporte a escoller e o tempo de duración da viaxe, a cultura, a gastronomía, o ocio... 

Unha vez informados do clima que se van atopar e de todo o necesario para emprender destino, os nenos e nenas fixeron as súas maletas onde indicaron ademáis dos datos relevantes, que roupa e acesorios levarían para esa viaxe.

Deste xeito desenvoleuse a Competencia Científica, a través do coñecemento do clima dunha rexión determinada así como a Competencia Dixital, mediante o uso autónomo do ordenador e a búsqueda na rede sendo críticos coa información que reciben e elaboran. Por outra banda desenvolvéronse as Competencias Sociais e Cívicas xa que indagaron máis profundamente na cultura e costumes sociais dese lugar.

Maletas de viaxe: o clima

Igualdade, Convivencia e Inclusión