Novembro 2019

Sembra emocións e recollerás calma

A xestión e a regulación emocional é un contido fundamental nas aulas, polo que debemos proporcionarlle ao alumnado os recursos precisos para que poidan logralo. 
Para que o noso alumnado sexa emocionalmente competente creouse na aula de Pedagoxía Terapéutica un recuncho da calma cun kit de materiais e ferramentas útiles como botellas da calma, mandalas, dados e pelotas antiestrés, un semáforo de conduta e unha roda de regulación do comportamento.

Sembra emocións e recollerás calma

Lóxica matemática.

Iniciamos o curso coa liña da mellora de coñecementos para acadar a excelencia dentro do ContratoPrograma, co obxectivo de afianzar as destrezas lóxica matemática do noso alumnado con ferramentas tecnóxicas como os Ipads e diferentes xogos na rede. Nun primeiro momento, será un grupo reducido de nenos/as que adoptarán o rol de "experto". Unha vez que sexan hábiles no uso desta ferramenta pasarán a ser os "mestres" outro compañeiro/a da clase e terán que trasmitir todo o aprendido.

 

Igualdade, Convivencia e Inclusión