Abril 2018

O UNIVERSO

Grazas os alumn@s de 5 de primaria afianzamos os coñecementos sobre o universo ademais de establecer lazos de compañerismo entre etapas

O UNIVERSO

Traballamos en equipo

Como sabedes, parte do profesorado de Educación infantil estamos a participar nun Seminario de aprendizaxe cooperativa. Isto involucra ao noso alumnado, traballando de xeito conxunto e axudándose entre eles.

Na foto o equipo “Rangers”, que logo de levar a cabo a estrutura cooperativa  1,2,4 están a compor o puzzle de equipo. 

 Traballamos en equipo

Contacontos Paula Carballeira

No mes de Febreiro todo o alumnado de educación infantil e 1° e 2° de Primaria asistiu a un contacontos de Paula Carballeira no teatro da localidade. 

A contacontos narrounos 3 historias de culturas diferentes, exemplos de tradición, costumes, lugares...non coñecidos para os nosos pequenos. Desfrutaron un montón!

Contacontos Paula Carballeira

Osmos: Tangram.

Iniciamos un novo xogo co Ipad, o Tangram. Esta primeira sesión é para os nenos e nenas expertos, tiveron que aprender a manexar as pezas, a súa correcta posición, a forma de gañar puntos no nivel amarelo que representa o inicial.

Osmos: Numbers.

Os nenos e nenas expertos estiveron prácticando no xogo dos Numbers nos niveis iniciais nas anteriores sesións, agora teñen que explicar a dous ou tres compañeiros e compañeiras da súa aula a forma de xogar e acadar a maior puntuación para conseguir os diferentes premios: chaves, tres peixes... e así continuar no seguinte nivel. A maior nivel maior dificultade.

Osmos: Numbers.

Os nenos e nenas expertos estiveron prácticando no xogo dos Numbers nos niveis iniciais nas anteriores sesións, agora teñen que explicar a dous ou tres compañeiros e compañeiras da súa aula a forma de xogar e acadar a maior puntuación para conseguir os diferentes premios: chaves, tres peixes... e así continuar  no seguinte nivel.

Dinámicas de aprendizaxe cooperativo

Dende principios de curso e aproveitando a nosa participación nun seminario de aprendizaxe cooperativo, vimos levando a cabo na aula tanto dinámicas que melloran a convivencia de aula e o coñecemento entre os pequenos e pequenas como estruturas cooperativas.

Na foto, os nenos e nenas de educación infantil de 6º coa dinámica da Pelota.

Dinámicas de aprendizaxe cooperativo

Mural: Eu e a miña mascota

Ao abeiro da nosa participación no proxecto Protexe os animais (Plan Proxecta) e grazas a colaboración das familias dos nenos e nenas de Educación infantil, este é o resultado do noso mural “Eu e a miña mascota”. Nel, aparecen as fotos de case todo o alumnado coa súa mascota, aproveitando a ocasión para falar dos coidados de cada un deles e tamén do seu nome e cariño que lle temos. Esperamos que vos guste!

Mural: Eu e a miña mascota

Igualdade, Convivencia e Inclusión