Abril 2017

Magnitudes

Axudámonos dunha táboa de magnitudes para:

- Convertir medidas.

- Pasar de complexo a incomplexo.

-Resolver exercicios.

 

Ecosistemas

En grupos,elaboramos dioramas sobre distintos ecosistemas en caixas de zapatos. Cada diorama ía acompañado dun folio que achegaba información sobre o ecosistema, e un mapa onde se mostraban os lugares do mundo onde se podían atopar.

ESTADOS DA AUGA

Sempre está ben recordar os distintos estados nos que podemos atopar a auga, comprobando nós mesmos que é o que lle sucede cando a arrefriamos ou a quentamos.

          

Igualdade, Convivencia e Inclusión