Maio 2016

Taller de repostería

 

 

O pasado luns pasamos unha tarde moi especial e moi  doce. Fixemos uns biscoitos recheos de nata  e con cuberta de chocolate.  Decorámolos con froitas e o noso nome en chocolate. Ñam, ñam!

 

Puzzle sistema solar

 

 

Para axudarnos a coñecer o sistema solar fixemos este puzzle no que tiñamos que colocar cada planeta na súa orbita e relacionar cada un coas súas características.

 

O universo

En ciencias sociais os nenos de 1ºB estudiamos o tema do universo.

Aprendemos cales eran as constelacións mais importantes que se poden ver desde a terra e os nomes dos planetas.

Xogos con Scratch

Despois de catro sesións na aula de informática, os alumnos de 1º ESO remataron o seu primeiro proxecto Scratch.

Todos intentaron programar unha versión do xogo clásico Pong. O traballo foi moi guiado, pois era a súa primeira experiencia programando. Aínda así, moitos deles engadiron modificacións e melloras ao proposto inicialmente.

Como mostra do traballo feito polos alumnos, deixamos aquí (hai que premer na imaxe e despois en "entrar como convidado") o a versión feita por Marc Carnota, de 1º ESO A.

Marc Pong

Librería “Contos”

Para practicar o conteo de moedas e billetes montamos na aula unha librería a cal chamamos "Librería Contos". Por quendas un neno/ a tiña o rol de tendeiro e os demáis de clientes que entregaban o diñeiro exacto para mercar o libro elixido.

 

 

Bingo tablas de multiplicar

Para repasar as tablas de multiplicar xogamos ó bingo. Tiñamos que marcar no noso cartón os resultados das multiplicacións que iban saíndo. 

 

Taller de Matemáticas

Traballando os  poligonos e as súas propiedades cos pentominós.

Excursión á Domus e á Casa da Ciencias

Este  ano fomos de excursión a Casa das Ciencias e o Domus. Na casa das Ciencias visitamos o museo e o planetario.

Foi moi interesante descubrir a ciencia da man destes museos interactivos. Gustáronnos moito.

 

Igualdade, Convivencia e Inclusión