Abril 2015

Figuras xeométricas nos cadros de Kandinsky.

Esta semana @s nen@s de 3ºA estivemos traballando sobre Kandinsky na clase plástica, deste xeito ademáis da competencia artística desenvolvemos a competencia matemática. 

O que fixemos foi copiar un cadro xeométrico de Kandinsky pero tivemos que facelo con plastilina, así, estivemos modelando cadrados, círculos, rectángulos, triángulos, liñas abertas e pechadas...

Velaí tendes o resultado final, esperamos que vos guste.

A nosa aula si que mola

Este é o título do concurso que se iniciou no mes de marzo no CPI Cernadas de Castro. Mes a mes, o xurado composto pola nosa conserxe María, por un alumno/a de primaria e polo profesor de Educación Plástica, Adolfo, elixen aquela aula que presenta mellor aspecto en canto á orde, limpeza, decoración,...O alumnado gañador recibe un premio, de xeito individual, polo seu traballo, esforzo  e contribución á mellora das aulas.

Temos que dicir que o alumnado, dirixido fundamentalmente polos seus titores e titoras,está a realizar un fantástico traballo. 

Por outra banda, todo o centro está volcado na procura dunha mellor convivencia. As aulas todas preparan afanosamente a súa  papeleira de reciclaxe e tamén unha serie de lemas que consideran fundamentales para a  convivencia nun centro educativo.

Para que vos fagades unha idea aí van unhas primeiras  fotos 

Debuxamos e medimos un cadro concéntrico.

Como a Kandinsky lle gustaba moito facer cadros xeométricos e o de "Círculos Concéntricos" nos encanta, esta semana na clase de matemáticas tivemos que debuxar o noso propio cadro de círculos concéntricos.

A nosa profe deunos un cadrado de papel no que marcamos o centro. Logo, e tomando como referencia ese centro, tivemos que ir debuxando con rotuladores círculos ata completar todo o cadrado.

Descrición de Kandinsky.

Ao longo desta semana @s alumn@s de 3ºA tocounos describir a Kandinsky.

Agora que sabemos un montón de cousas sobre a súa vida, a nosa profe deunos unha foto e tivemos que falar de como era este pintor, tanto físicamente como a nivel de carácter.

A foto axudounos moito co aspecto físico pero para describir a súa forma de ser tivemos que pensar no que leramos sobre él.

Un percorrido pola Ciencia e a Tecnoloxía dende o século XX ata a actualidade

O alumnado de 4º ESO que cursa a materia de Introdución ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación levou a cabo un proxecto de investigación sobre os avances científicos e tecnolóxicos do século XX e do actual século XXI. Unha vez recollida a información acordaron entre todos a maneira de presentala e as cuestións de formato que ían ser comúns. O froito foron estas 12  presentacións con diapositivas que agora vos presentamos .

Medidas capacidade, masa e lonxitude.

Aquí vos deixamos unha montaxe do noso obradoiro de galletas! Terrorífico...

 Pincha na imaxe para ver o vídeo.

ESCRITURA CREATIVA III: Creación de libros

Os nenos e nenas de 6º, aproveitando a celebración do "Día do Libro", crearon os seus propios libros. Para isto convertiron ás súas familias en personaxes tan especiais como paiasos, sereas, mariñeiros, robots, gominolas...

Biografía de Kandinsky II

Esta semana na clase de Lingua Castelá volvimos a traballar a biografía. A semana pasada vimos unha biografía de Kandinsky online e esta semana lémola en formato impreso.

Fomos comprobando todo aquilo que aprenderamos:

Os triángulos nos cadros de Kandinsky

Esta semana na clase de matemáticas estivemos traballando os triángulos. Xa tiñamos un pouco esquecidos os tipos de triángulos que hai polo que antes de empezar os tivemos que recordar entre todos. Unha vez que lembramos que os triángulos poden ser: equiláteros, isósceles ou escalenos, a nosa profe deunos un cadro de Kandinsky e nel tivemos que buscar todos os triángulos que visemos, repasamolos con rotuladores de cores, medimos e poñíamos ao lado de que clase eran.

Igualdade, Convivencia e Inclusión