Debuxamos e medimos un cadro concéntrico.

Como a Kandinsky lle gustaba moito facer cadros xeométricos e o de "Círculos Concéntricos" nos encanta, esta semana na clase de matemáticas tivemos que debuxar o noso propio cadro de círculos concéntricos.

A nosa profe deunos un cadrado de papel no que marcamos o centro. Logo, e tomando como referencia ese centro, tivemos que ir debuxando con rotuladores círculos ata completar todo o cadrado.

Unha vez feito isto chegou o momento de medir. Coa nosa regra fomos medindo o radio de cada círculo e logo multiplicabamos por 2 para calcular o diámetro.

Ao principio liámonos un pouco con iso dos milímetros pero logo o entendemos e resultou máis fácil do que parecía e super divertido.

Amosámosvos unha foto do resultado final.

Artigos recentes

Contratos-Programa. Contido de proba hai 6 anos 30 semanas
Enquisas hai 6 anos 29 semanas
Tous les mêmes - Stromae hai 6 anos 28 semanas
Sommeil. Stromae hai 6 anos 28 semanas
ESCRITURA CREATIVA hai 6 anos 27 semanas

uid){ print l($user->name,'user/'.$user->uid); print " | "; print l(t('Logout'),'logout'); } else{ $options = array(); $options['query'] = drupal_get_destination(); print l(t('Login'),'user/login', $options); if(variable_get('user_register',FALSE)){ print " | "; print l(t('Register'),'user/register'); } } ?>