Skip to Content

XOGADE

CARREIRA SOLIDARIA

Este curso tocounos colaborar con UNICEF. Premede no enlace para ver as imaxes da carreira celebrada o venres 15 de decembro. Todas as nenas e nenos de Infantil, Primaria e Secundaria participaron por unha boa causa.

http://recunchodepistacho.blogspot.com/2018/12/carreira-solidaria-unicef...

XOGADE CURSO 2018/19

 A práctica deportiva, ademais de achegar beneficios na actividade, ten outros beneficios en quen o practica coma o proceso de socialización, axudando a construir unha autoestima máis sólida, nos procesos mentais, no rendimento escolar e na mellora da calidade de vida.

 Un curso máis estamos listas e listos para participar co noso cole en todas aquelas actividades que nos propoñan.

As nenas e nenos do C.P.I de Bembibre.

Fase comarcal de campo a través

CARREIRA SOLIDARIA

Xa estamos a preparar a carreira solidaria que como é tradición estamos a realizar polo Nadal. Sabedes que colaboramos con SAVE THE CHILDREM e ao mesmo tempo preparámonos para as competicións de campo a través que están a puntiño de celebrarse. As fotos non faltarán.

CAMIÑO DE SANTIAGO

Este curso estamos inmersos en máis programas e actividades. Unha delas ten que ver co medioambiente e co coñecementos de novas paisaxes. Así conseguiremos ter máis conciencia para respectar e coidar todo o noso patrimonio. Neste senso, dende Educación Física, decidimos facer o Camiño de Santiago. En concreto as últimas  5 etapas do Camiño Francés, Sarria-Santiago de Compostela. Ademais de servirnos como experiencia no aspecto físico coñecemos e admiramos a paisaxe galega. Xa levamos 2 etapas e polo de pronto todo vai rodado. Se queredes máis información deixovos aquí este enlace con fotos e videos.

https://recunchodepistacho.blogspot.com.es/p/o-noso-camino.html

XOGADE 2017/18

Un curso máis e XOGADE xa está aquí. Xa nos estamos a preparar un curso máis para participar nas competicións escolares. Estamos ansiosos por participar e isto demostrámolo nos adestramentos que estamos a realizar para ir collendo toniño.

Pouco a pouco iremos dando máis novas.

Saúdos 

FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS NA SERRA DE OUTES

O pasado venres 27 de xaneiro celebrouse a fase clasificatoria para o provincial de campo a traves. Na localidade de Serra de Outes, cunha mañá desagradable de vento, frio e choiva, os nosos deportistas competiron para clasificarse para o campionato provincial que se vai celebrar proximamente. Desde aquí felicitamos a todos os participantes e en especial ao equipo ALEVÍN MASCULINO por acadar o 3º posto por equipos.

Aquí vos deixo unha pequena reportaxe da participación.

   

  

NOTA DE PRENSA

Aqí vos deixo o enlace coa noticia do periódico La voz de Galicia sobre a fase intercomarcal de campo a través que se celebrou o pasado 12 de xaneiro no concello de A Baña.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/01/12/atletismo-cerca-800-escolares-estrenaron-circuito-bana-torneo-zonal/00031484247905156105856.htm

 

FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

O xoves 12 de xaneiro celebrouse a fase intercomarcal no concello de A Baña. A pesares do día gris e frio o ambiente era festivo e distendido. Os nenos e nenas pasarono en grande e coñeceron novas amizades. Correron e correron co fin de acadar a meta, todos e todas conseguiron o seu propósito que non era outro que rematar.

Onoso cole levou cerca de 100 participantes desde 2º de primaria ata 2º da ESO. Os nosos resultados foron excelentes. Aquí vos deixo un pequeno resumo do acontecido e dos clasificados para a seguinte fase que se vai celebrar no concello de SERRA DE OUTES.

DESTACADOS CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL                     CLASIFICACIÓN EQUIPOS

IRIA CALVIÑO 2ª clasificada alevín feminino                        BENXAMÍN MASCULINO 2º clasificado

LUCAS ALVARELLOS 3º clasificado alevín masculino               ALEVÍN MASCULINO 1º clasificado

JOAQUÍN GORIS 2º clasificado infantil masculino                  INFANTIL MASCULINO 2º clasificado

MARÍA CASTRO 2ª clasificada cadete feminino

Aquí están as fotos e enlaces por si queredes ver máis:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/01/12/atletismo-cerca-800-escolares-estrenaron-circuito-bana-torneo-zonal/00031484247905156105856.htm

http://recunchodepistacho.blogspot.com.es/

     

 

Saúdos e ata a próxima que será na SERRA DE OUTES o vindeiro 27 de xaneiro.

 

CARREIRA SOLIDARIA

13/01/2017 13:24

O venres 23 de decembro celebramos a carreira solidaria "SAVE THE CHILDREM". Contamos con un día espectacular e cun ambiente festivo magnífico. pasámolo xenial e serviunos de adestramento para a proba de CAMPO A TRAVÉS QUE SE VAI CELEBRAR NO CONCELLO DE A BAÑA.

Aquí vos deixo unhas fotiños de moitas que podedes ollar na páxina de actividades da biblioteca http://recunchodepistacho.blogspot.com.es/

Saúdos

   

 

 

Adestramentos

Aquí vos deixo unhas fotiñas preparándonos para o Campo a Través que se vai celebrar en Xaneiro.

      

     

Program Xogade

Benvido XOGADE 2016/17

Un curso máis comezamos a traballar o noso aspecto físico a través do xogo e con moita diversión. Xogade permítenos participar en varios deportes e coñecer novas amizades.

Pouco a pouco ireivos deixando unhas fotiñas.

Saúdos

 

Distribuir contido


by Dr. Radut