Unha pequena mostra da participación dos nosos compañeiros e compañeiras no campionato provincial de campo a través celebrado en Ferrol, o día 17 demarzo.
Celebrouse a fase Intercomarcal de campo a través nunha maña solleira e moi animada. Gran participación do noso centro con varios alumnos clasificados para o provincial que se vai celebrar en Ferrol o 17 de marzo.
Adxuntamos listado do alumnado clasificado para o provincial e a normativa da carreira.
A carreira celebrada o mércores 21 de decembro destinou os fondos recadados á COCIÑA ECONÓMICA de Compostela. Grazas pola vosa colaboración e polo esforzo de todo o alumnado.
O venres 2 de decembro celebrouse en A Baña a fase comarcal de campo a través. Moita ilusión, forza e interés en agradar por parte dos participantes. Máis sorrisos que canzanzos nunha mañá ben agradable.
O venres 13 de maio oalumnado de 4º de primaria trasladouse ás Fragas do Eume para realizar unha ruta de sendeirismo. Aqui vos deixamos unha pequena mostra de como pasaron o día.
O venres 13 de maio oalumnado de 4º de primaria trasladouse ás Fragas do Eume para realizar unha ruta de sendeirismo. Aqui vos deixamos unha pequena mostra de como pasaron o día.
Unha pequena mostra das actividades de Patios Dinámicos realizadas co alumnado de infantil. Colaboración entre o profesorado de Infantil e Atención Temperá.
O 13 de decembro celebramos a CARREIRA SOLIDARIA. Despois de moitos adestramentos e dunha boa preparación disputamos a carreira, este ano ano adicada a LOITA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL. Parabens e grazas a todos e todas pola vosa colaboración e aportación.