Axudas libros de texto e material escolar curso 21-22
PRESENTACIÓN POR VÍA ELECTRÓNICA
As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Tamén se poderá presentar a solicitude presencialmente no centro CON CITA PREVIA (881 930110)
OFERTAMOS A POSIBILIDADE DE CUBRIR A SOLICITUDE NO CENTRO (igual que no curso pasado), para isto deberá pedir cita antes do día 4 de xuño. A partir dese día serán as familias as encargadas de cubrir as solicitudes.
Nos cursos 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO o centro participa no programa EDIXGAL (cada alumno/a terá o seu propio ordenador) e non se pode solicitar préstamo de libros, só se poderá solicitar axuda para material escolar, en caso de corresponder.
Adimisión do alumnado para o curso 21-22
TODAS AS SOLICITUDES ESTÁN ADMITIDAS
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
- Solicitar o impreso na Secretaría do centro, cubrilo e presentalo de xeito manual no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.
Nos dous últimos casos debe acceder á aplicación informática admisionalumnado e seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”, deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para
a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos
Visita virtual
Dada a situación sanitaria non podemos invitar ás familias a visitar o centro, polo que grabamos esta visita virtual para que podades coñecer as nosas instalacións.
Esperámosvos o próximo curso!!
Programacións curso 20-21
Nesta ligazón tedes acceso á carpeta con todas as programacións dos distintos niveis, ciclos e departamentos.
Inicio do curso 20-21 para a ESO
Segundo recolle o Protocolo de adaptación ao contexto COVID-19 publicado pola Consellería de Educación é moi importante evitar as aglomeracións nas entradas e saídas dos centros escolares. Isto vai a condicionar as entradas e saídas tanto ao longo do curso coma os primeiros días de clase.
Somos conscientes do trastorno que van causar estes cambios, pero son necesarios para que todo se desenvolva con normalidade. O acceso ao centro será sempre pola porta fronte ao pavillón, agás o alumnado transportado.
O alumnado da ESO entrará pola porta que está fronte ao pavillón. Farao seguindo o horario establecido e mantendo a distancia mínima de 1,5 metros. Unha vez na entrada, accederá ao interior do edificio pola porta central (rotulada con Secundaria). O alumnado usuario do transporte escolar subirá á súa aula cando chegur ao centro.
É moi importante a puntualidade nas entradas pois non debe haber cruce de grupos. Se chegades antes, demorade polos arredores pero non cerca do centro.
Material a traer o primeiro día: unha mascarilla posta; un estoxo cunha mascarilla de reposto, un bote de xel hidroalcólico e panos desbotables. Un bolígrafo ou lapis e un caderno para anotacións; unha mochila para os libros de texto que se lles entregarán. Para o recreo (opcional): gorra e auga (non se poden usar as billas para beber)
Os acompañantes do alumnado non poderán acceder ao recinto (consultade as normas para pais/nais/titores publicadas na web do centro).
A incorporación do alumnado da ESO será gradual, seguindo esta táboa:
Inicio do curso 20-21
O curso 20/21 comezará de xeito presencial coa seguinte modificación do horario
Haberá servizo de autobuses e comedor no horario habitual.
Ligazón ao protocolo COVID para un inicio de curso totalmente seguro.
Dada a excepcional situación sanitaria, pregamos a colaboración das familias no cumprimento estricto do protocolo.
Matrícula de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria
Prazo de matrícula do 1 ao 10 de xullo
A matrícula a debe facer:
Infantil e primaria: todo o alumnado de nova incorporación
Secundaria: todo o alumnado
A matrícula farase con cita previa
881 930 110
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2020/20201
PRAZO: Ata o 19 de xuño de 2020
PRESENTACIÓN POR VÍA ELECTRÓNICA
As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” ((https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia: certificado dixital ou Chave365.
Tamén se poderá presentar a solicitude presencialmente no centro CON CITA PREVIA
INSTRUCCIÓNS COMÚNS PARA TODAS AS AXUDAS OU PRÉSTAMO: |
O solicitante é o pai/nai ou titor-a legal do alumno/a (non o propio alumno/a)
Unidade familiar a 31/12/2018 |
- Os pais (non separados legalmente) ou titor-a |
|
- Fillos |
- Menores de idade non emancipados |
|
- Fillos maiores de idade con discapacidade |
||
- Solteiros menores de 25 anos e que convivan no dimicilio familiar |
||
Non computarán os fillos/as nados despois do 31/12/2018 |
||
Computarán por dous os membros da unidade familiar cunha discapacidade igual ou superior ao 33% a 31/12/2018 |
||
Renda per cápita |
Casillas 435 + 460 da renda do ano 2018 A cantidade resultante dividirase polo nº de membros computables da unidade familiar En caso de custodia compartida, sumaranse os ingresos dos dous proxenitores. Aos alumnos/as cunha minusvalía ≥65% ou en situación de garda e custodia da Xunta de Galicia, non se lles terán en conta os ingresos, adxudicaráselles a axuda máxima que corresponda en cada caso. |
|
Documentación |
- Anexo II cuberto (sinaturas) - Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar - En caso de ter algunha circunstancia especial deberá xustificarse documentalmente (Separación ou divorcio, defunción dalgún dos proxenitores, violencia de xénero,etc..). Estas situacións terán que producirse antes do 31/12/2018 agás a violencia de xénero. En caso de separación ou divorcio (antes 31/12/2018): setenza xudicial e convenio regulador En caso de presentación en papel - Deberá presentarse orixinal e copia da documentación, co fin de verificar a autenticidade da copia. |
|
Prazo
|
Ata o 19 de xuño (tanto de Ed. Primaria como de ESO). Non haberá outro prazo nin en xullo nin en setembro Excepto para os alumnos/as que repitan 4º de ESO |
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO (1º EP e 2º EP) |
Renda < 6.000€ (210€) Renda entre 6.000 e 10.000€ (140 €) NEAE e Discapacidade (entre 140 e 275€)
FONDO SOLIDARIO (Préstamo) (3º e 4º EP, 3º e 4º ESO) |
- A adxudicación de libros farase por orde inversa á renda per cápita familiar
- Adxudicación de libros (como mínimo): Renda < 6.000 (6 libros) Renda Entre 6.000 e 10.000€ (4 libros)
- No caso de haber libros suficientes adxudicaránselle tamén aos alumnos/as con rendas superiores a 10.000 €
- Tanto en Educación primaria coma en ESO os libros entregaranse aos alumnos/as cando comecen as clases
- 5º EP, 6º EP, 1º ESO e 2º ESO non presentan solicitude de préstamo de libros por participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal)
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 50 € (Todos os cursos de Educación Primaria e ESO) |
Para os alumnos/as de Ed. Primaria e ESO (incluidos os dos cursos E-Dixgal) cunha renda per cápita familiar inferior a 6.000.-€.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2020/21, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2019/20.
Ligazón a información publicada no portal da Consellería
Ligazón a información para a presentación na Sede Electrónica
Ligazón a información sobre Chave365
Ligazón ao anexo II que debe entregarse asinado
MOI IMPORTANTE:
dende o centro chamaremos para concertar cita para a presentación presencial
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »