Director

Información sobre os ordenadores Edixgal

 

Adxuntamos a información sobre a posibilidade de contratar, de xeito voluntario, un seguro para o ordenador edixgal. Dende o centro recomendamos a contratación deste seguro.

 

 

Proxecto Educativo do centro

Actualización do proxecto educativo do centro para o período 22/26.

Aprobado en claustro e consello escolar, na súa reunión do 26/01/23.

Inicio do curso 20-21

O curso 20/21 comezará de xeito presencial coa seguinte modificación do horario

 

 

Haberá servizo de autobuses e comedor no horario habitual.

 

Ligazón ao protocolo COVID para un inicio de curso totalmente seguro.

 

Dada a excepcional situación sanitaria, pregamos a colaboración das familias no cumprimento estricto do protocolo.

Programación Xeral Anual curso 2019/20

 

                                                               

Aviso importante para 5º Primaria e 1º da ESO. Curso 19/20

O noso centro resultou seleccionado, con carácter provisional,  para participar no proxecto de educación dixital E-dixgal no vindeiro curso.

Seremos parte dos máis de 280.000 alumnos galegos que terán acceso a unha contorna de aprendizaxe na nube con recursos para desenvolver as competencias dixitais necesarias para o seu futuro profesional.

A incorporación neste proxecto será progresiva, e no curso 2019/20 comezará en 5º de Primaria e en 1º da ESO.

Con tal motivo recomendamos que

non se merquen nin libros nin cadernos para 5º de EP e 1º da ESO.

Cando a resolución sexa definitiva, enviaremos instruccións específicas para eses dous cursos.

O proxecto E-DIXGAL arrancou no curso 2014/2015.

Docentes e alumnos dos centros implicados desenvolverán a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para os cursos nos que se implante.

Os docentes poderán elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia. 

Cómpre recordar que estes centros, integrados no proxecto Abalar, teñen tamén á súa disposición o espazoAbalar con máis de  2.106 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas.

O alumnado e o profesorado terá á súa disposición un ordenador portátil, e ten a posibilidade de utilizalo tamén na súa casa, para o que se establecerá o servizo de préstamo do mesmo.

Distribuir contido