Adimisión do alumnado para o curso 21-22
Prazo aberto: do 1 de marzo ao 22 de marzo
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
- Solicitar o impreso na Secretaría do centro, cubrilo e presentalo de xeito manual no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.
Nos dous últimos casos debe acceder á aplicación informática admisionalumnado e seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”, deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para
a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos
Visita virtual
Dada a situación sanitaria non podemos invitar ás familias a visitar o centro, polo que grabamos esta visita virtual para que podades coñecer as nosas instalacións.
Esperámosvos o próximo curso!!
Programacións curso 20-21
Nesta ligazón tedes acceso á carpeta con todas as programacións dos distintos niveis, ciclos e departamentos.
Servizo de madrugadores
Anexo a documentación proporcionada pola ANPA relativa ao servizo de madrugadores para o curso 20/21. Cubride a ficha de inscrición e remitidea o correo: anpasanvalentin@gmail.com.
Podedes tamén chamar ao centro e reservar cita na secretaría se tedes dificultades para imprimir a ficha; vos axudaremos a cubrila e enviala.
Documentos COVID
Estimadas familias
Achégovos as ligazóns aos documentos do protocolo COVID, así como aos horarios para o ensino a distancia no caso de confinamento, total ou parcial.
Recomendamos unha lectura polo miudo destas normas, pois é a saúde de todos a que está en xogo.
Carta ás familias
O equipo directivo do CPI A Xunqueira redactamos unha carta dirixida ás familias con motivo do inminente comezo do curso.
Premendo nesta ligazón podédela descargar.
Inicio do curso 20-21
O curso 20/21 comezará de xeito presencial coa seguinte modificación do horario
Haberá servizo de autobuses e comedor no horario habitual.
Ligazón ao protocolo COVID para un inicio de curso totalmente seguro.
Dada a excepcional situación sanitaria, pregamos a colaboración das familias no cumprimento estricto do protocolo.
