Esquema de temas
Xeral
- CANCIÓN DE BUENOS DÍAS CON LENGUAJE DE SIGNOS
EN FEBREIRO DÚAS CAPAS E UN SOMBREIRO
OLA LINCES E LINCESAS!
POIS ENTRE UNHAS COUSAS E OUTRAS XA PASOU XANEIRO E CHEGOU FEBREIRO. DESDE LOGO NON COMO ME GUSTARÍA POIS ESTE ANO VEN ALGO TRISTEIRO PORQUE TEMOS MOITAS GANAS DE QUE ESTAR XUNTOS E AÍNDA TEMOS QUE ESPERAR UN POUCO NA CASA.
PERO NON VOS PREOCUPEDES, EN CANTO VOLVAMOS Á ESCOLA, PODEREMOS DESFRUTAR DESTE MES INVERNAL, DE ENTROIDO, MÚSICA E DESFRACES!
POLO MOMENTO O QUE SI QUE ESTÁ CUMPRINDO É COS REFRÁNS QUE FALAN DE FEBREIRO COMO UN MES ONDE TEN QUE CHOVER PARA QUE CANDO CHEGUE A PRIMAVERA O CAMPO ESTEA VERDE E AS PLANTAS TEÑAN MOITA AUGA NA TERRA PARA PODEN DAR FLORES DE TODAS AS CORES.
DEIXOVOS UN DEBUXO DO MES DE FEBREIRO ONDE UNHA PANDA ESTÁ FACENDO OUTRA COUSA DIVERTIDA QUE SE PODE FACER NESTE MES.
BICOS GRANDES!!
- _____________________________________________________________________________________________________
_____________________________________________________________________________________________________
A voda dos paxariños
A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral.Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros.
Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!
PODEDES ATOPAR O TEXTO E MÁIS EN:
https://portaldaspalabras.gal/lexico/mira-que-din/candeloria/
Xa vai a metade do inverno e a natureza comeza a chamar pola primavera!
Prestade moita atención sempre que saiades ao campo para poder escoitar os cantos dos paxaros que, despois de pasar o inverno en lugares menos fríos, volven a Valdoviño a buscar un compañeiro ou compañeira co que facer o seu niño e pasar a primavera e o verán.
Coñeces o nome dalgún dos paxaros que estamos falando? Investiga, pregunta aos teus pais, avós ou familiares a ver se cho poden dicir. Se o descobres escribe o seu nome no teu debuxo e así nolo podes ensinar o vindeiro día.
Agora preme no enlace, fai o teu debuxo da Voda dos Paxariños, e non esquezas os corazóns!
Agora preme no arquivo, fai o teu debuxo de "A Voda dos Paxariños", e non esquezas os corazóns!
ESTA SEMANA, COMO MANDA O CALENDARIO, PREPARAREMONOS PARA CELEBRAR ESTA FESTA QUE TANTO NOS GUSTA, ASI QUE...
DESDE O COLE OU DESDE A CASA,
NON NOS RESIGNAREMOS
E O ENTROIDO CELEBRAREMOS!
NON ESQUEZADES OS MANDADOS DO MECO.ANIMÁDEVOS A CUMPRILOS E MANDÁDENOS UNHA FOTO,
ASÍ PODEREMOS VERVOS!
ESTE ANO SOMOS ..."O GATO CON BOTAS"
ADEMAIS DOS MANDADOS DO MECO, COMO TODOS OS ANOS, NA ESCOLA ESOLLEMOS UN DISFRAZ RELACIONADO CO PROXECTO ANUAL DO DENTRO.
ESTE ANO, QUE O PROXECTO XIRA AO REDOR DOS GATOS, EN INFANTIL ESCOLLIMOS "O GATO CON BOTAS"
COMO NON NOS DEU TEMPO A LER O CONTO NA ESCOLA, AOS QUE ESTADES NA CASA ANÍMOVOS A LELO.
NO CASO DE NON TELO, OU A MAIORES TAMÉN PODEMOS VELO EN DEBUXOS.
ESTE É UN EXEMPLO DOS QUE PODEMOS ATOPAR.
ACTIVIDADES
- LE, COPIA E COLOREA
Nesta actividade, aproveitaremos os disfraces de Entroido para pensar se son nomes longos ou curtos, se teñen moitas ou poucas letras, se coñecemos as letras, se somos que de averiguar como se len, etc. Despois podemos axudarlles a escribir sen mirar, dictándoles, ou copiar as palabras tentando lelas desoís de escribilas.
Preme nas imaxes para descargar
MULLERESNACIENCIA
PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA HOXE COMPARTIMOS O VÍDEO "NON MÁIS MATILDAS" ONDE NOS DA UNHA IDEA CLARA DE QUE CAL É A SITUACIÓN QUE DENUNCIAMOS NESTE DIA.
TAMÉN PODEMOS VER ESTE VÍDEO ONDE SE TRANSMITE A IDEA DUN XEITO ALGO MÁIS CERCANO AS NENAS E NENOS
Tema 7
Tema 8
Tema 9
Tema 10
Tema 11
Tema 12