Esquema de temas

  • VERMES DE SEDA

    OLA A TODOS E TODAS! MIRADE COMO MEDRARON OS VERMES DE SEDA E MOITOS XA FIXERON O CASULO.

    ESPERAREMOS UNS DÍAS A VER QUE PASA DENTRO DO CASULO. 

    AQUÍ TEDES AS PARTES DUN VERME

  • DÍA DA FAMILIA 2020

    Con motivo desta data tan especial, facémosvos a seguinte proposta (Preme na imaxe para vela):

    Ademais desta actividade, quen se anima a compoñer a árbore xenealóxica da súa familia?? Vos deixamos algúns exemplos (premer aqui), por se vos apetece facelo, as posibilidades son infinitas! 

     

    Aproveitamos tamén a ocasión para agradecer a grande labor que as familias estades facendo nesta situación tan difícil. Todo o noso agarimo e ánimo!! Agardamos vervos a todos e todas moi prontiño!!!

     

    • LETRAS GALEGAS 2020

      Ola! Este ano a celebración das Letras Galegas (17 de maio) está dedicada ao autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero e a nosa forma de homenaxealo é a través da adaptación da súa obra: As pitas baixo a choiva

      Aquí vos deixamos algunhas ideas...

      Por outra banda, a páxina Seminario Galán (click na imaxe) presenta algunhas actividades adaptadas a cada idade entre as que podedes atopar "documentos para imprimir" onde facer algunhas actividades, así como "actividades en liña" para facer dende dispositivos electrónicos.

      Desfrutádeo moito e celebremos as nosas letras!

      • SUPERLÚA

         

           PROPOSTAS ESPACIAIS

         

        Xa sabedes que esta noite de madrugada ten lugar no noso inmenso  ceo un increíble acontecemento no que a lúa é a gran protagonista. A superlúa lle chaman, dádesvos conta que leva nome de súperheroe?  Pois  como todo  súperheroe  ten os seus propios  poderes, xa sabedes cales son, verdade? Iso é, ten o poder de brillar e de facerse grandeeeeeee no infinito universo….

         

        Non podemos perdela de vista, por iso hoxe vos propoñemos unhas actividades que vos van a encantar:

         

        Primeiro imos a diseñar o noso telescopio , moi fácil e sinxelo de facer:  https://youtu.be/uDLUmvefhTs (Neste vídeo podedes ver como se elabora).

         

         Na segunda proposta, invitámosvos a xogar na escuridade, podedes crear o voso pequeno e especial planetario.

         

         

         

         

          

         E como terceira e última proposta, imos a  recrear e ver no chan unha fermosa AURORA BOREAL, probade a facelo é un experimento co que estamos seguros que ides disfrutar un montón.

         

         (Deixamos este enlace, de exemplo)

        https://www.instagram.com/p/B_nDujwHkgr/?igshid=aczeo5ufbi55

         

         

        Agardamos con moita ilusión as vosas produccións espaciais! Desexamos que desfrutedes moito facéndoas!!

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                 Un bico espacial…

         

        • XA CHEGOU O MES DE MAIO!

           

          Ola, ola! 

          Xa chegou o mes de maio!!

          Vos deixamos aquí os calendarios para este mes de maio para que poidades rexistrar o día e tamén o tempo que vai.

        • QUÉN É ESE BECHO?

          Coa chegada da primaveira, os nosos campos volven a encherse de bechos do máis variopinto: xoaniñas, cempés, bolboretas, caracois… que sempre espertan a curiosidade dos nenos e nenas.

           Paco Nogueiras, é ben sabedor deles e agasállanos có conto cantado “Quén é ese becho?

          Clicade sobre a imaxe para desfruta del. 

          Gustouvos? 

          Velaquí vai a nosa proposta de hoxe:

          PROPOSTA 1. Convertémonos en “observadores da natureza”. 

          Descargade a plantilla que tedes a continuación e, durante os paseos coas vosas familias, buscádeos pola vosa contorna anotando na mesma onde os atopachedes (no río, no campo, nunha árbore, nunha flor…). Aproveitade para fixarvos nas súas cores, anatomía (partes do corpo, número de patas...), maneira na que se desprazan (reptando, voando...), etc. 

          Preparados? Pois a explorar e bichear pola natureza!!! Pero iso si, non vos esquizades de facelo de maneira coidadosa e respetando o noso medio ambiente

          PROPOSTA 2. Crear o voso propio museo de bechos. 

          Buscade material de refugallo e da natureza e, con éste, creade algún becho. Na seguinte imaxe tedes algún exemplo. 

          Estamos seguros de que inventaredes unhs bechos moooooi especiais e orixinais.