Esquema de temas

  • ABRIL

    Este mes poremos as propostas máis recentes na parte superior, esperamos que así vos sexa máis cómodo.

    Lembrarvos que estas propostas son voluntarias, queremos darvos ideas pero non que vos sintades apremiados para facelas ao día.

    Cada neno e cada nena ten o seu ritmo, e entendemos que en cada casa as necesidades e circunstancias son diferentes. Todas as propostas van quedar publicadas para o momento que queirades.

    Ánimo e saúde para tod@s!!

    PD: como imaxinamos que tedes tantas ganas de vervos como nós, imos compartir as fotos e vídeos que nos ides mandando.

    Especialmente nos gustaría que vírades os vídeo “Corazóns” e "Eu fico na casa"

    Preme no botón para acceder           go!

  • BENVID@S AO TERCEIRO TRIMESTRE!!

    Ola a todos e todas de novo! Como estades? Agardamos que moi ben e que xa falte pouquiño para voltar a vernos! Mentres, seguimos convosco desde este lado e imos a continuar facéndovos propostas que esperamos que vos gusten moito! Grazas por compartir tantas cousiñas! É unha forma de vernos e sentirnos máis preto. Bicazos!!! 

    • AS PORTADAS DOS NOSOS CONTOS

      Parabéns polo gran traballo que fixéchedes, grazas á vosa imaxinación, creatividade e esforzo hoxe podemos compartir con vós este vídeo con todas as portadas que escollíchedes para celebrar o Día do Libro. Vivan os contos!!

      Preme na imaxe para ver o vídeo

      • MINIMUNDOS

                  Nas últimas semanas puidemos comprobar as vosas habilidades creativas, creando xardíns, elaborando preciosas máscaras ou mesmo facendo macetas coas vosas facianas. Pois ben, de novo gustaríanos poñer a proba esa creatividade coa seguinte proposta, mediante a creación de “Minimundos”.

                    Para isto, que mellor que basearnos nas ideas de Hervé Tullet, vos lembrades del?

                    Podedes crear os vosos “minimundos” con aquelas cousas que teñades na casa e que vos gusten: playmóbil, animais, figuriñas de madeira, pero con moita cor!!!

                    Deixámosvos algún exemplo para inspirarvos! Agardamos ansiosos as vosas produccións!

         

        Podedes atopar máis exemplos no blogue de Hervé Tullet,

        http://herve-tullet.com/

        no seu instagram,

        https://instagram.com/hervetullet?igshid=jyily2kp7vk8

        e no seu Facebook.

        https://www.facebook.com/HerveTullet/

        Hervé Tullet
        • FLORES, FLORES E MÁIS FLORES!!

          Aínda que esta é una situación atípica… segue sendo Primavera!! Que vos parece se enchemos as nosas casas de flores?? Propoñémosvos que fagades os vosos propios deseños, cos materiais que se vos ocorran e que teñades na casa; cartulina, papel, cartón, botellas, garfos, pintura… Xa sabemos que imaxinación non vos falta. Aquí podedes ver algúns exemplos para inspirarvos:

               

                

          Tamén, se vos apetece, podedes tomar como inspiración para alguna das vosas flores o estilo das que fai Yayoi Kusama. Recordades?

                         

          Para conseguir este efecto escultura de Yayoi, podedes facelo cun material moi sinxelo de elaborar, a pasta de sal. Deixámosvos un vídeo no que Valentina, da clase dos elefantes, explica moi ben como preparalo (Pinchade na imaxe para velo):

          Agardamos ver as vosas flores, para encher todo de cor!!! Para os que non as teñades naturais, podedes empregar estas para celebrar a festa dos Maios!!

          • DÍA DO LIBRO

            OS PROFES DE INFANTIL TAMÉN ESCOLLIMOS OS NOSOS CONTOS FAVORITOS, PARA CELEBRAR ESTE DÍA!

            AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN AS NOSAS PORTADAS!!!

            • PROPOSTAS LECTO-ESCRITURA

              LECTO ESCRITURA

            • VERMES DE SEDA

              VERMES DE SEDA

               

               

              Ola nenos e nenas!

              Lembrades que en xuño deixamos uns oviños diminutos nun sobre?

              Pois coa chegada da primavera mirade o que pasou.

               

               VERMES

              Os vermes de seda empezaron a saír dos ovos, non vos olvidedes de que só comen follas de moreira. Seguiremos dándolles de comer e a ver que pasa.

              Ata pronto!

               

              • FACEMOS MAXIA?

                Hoxe vos traemos un truco de maxia moi sinxelo que nos vai deixar abraiad@s!

                Para facelo precisades:

                • Dous anacos de papel de cociña

                • Rotuladores de cores

                • Unha bandexa ou recipiente cun pouquiño de auga e con espazo suficiente para meter o papel

                Agora que xa temos todo o necesario poñémonos mans á obra! 

                Primeiro temos que facer un debuxo, o que nos queiramos, nun dos papeis, que será o que situemos enriba. Este debuxo ten que ser sinxelo, sen cores.

                A continuación, no outro papel  facemos o mesmo debuxo pero cheo de cor cos detalles que queiramos. Este anaco de papel será o que vaia debaixo.

                Finalmente, unimos eses papeis colocándoos como dixemos e metémolos na auga e…

                MAXIA! 

                Que pasou?

                Deixámosvos uns exemplos que xa fixeron algúns e algunhas compis:

                 

              • 23-ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

                Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, propoñémosvos un reto: imitar a portada do voso conto preferido. 

                É moi sinxelo.

                1)   Escollede un libro que vos guste moito. 

                2)   Analizade ben a súa portada: qué elementos ten, cómo están vestidos as súas personaxes, cores… 

                3)   Busca pola túa casa ou elabora, en compañía da túa familia, o atrezzo que necesitarás para emular a súa portada. Poñede a vosa creatividade e imaxinación a funcionar…!

                4)   Xa o tes? Estupendo! Agora colle a cámara ou o móvil e saca unha fotografía. 

                5)   Compártea coa túa mestra e compañeiros/as. De seguro que descubriredes moitos, moitísimos contos que non coñecíades. Anotádeos ben e, cando isto remate, animámosvos a que vaiades á biblioteca ou a unha librería e gocedes coa súa lectura. 

                 Velaquí deixámosvos algún exemplos para que vos poidades inspirar. 

                Nós os profes tamén estamos a pensar xa nos nosos… 

                     

                • DÍA DA ARTE 2020

                  Onte, 15 de Abril, foi o día da arte e para conmemoralo propoñémosvos un reto de super artistas! Que vos parece se reproducides a vosa habitación? Como fixo o pintor Vicent Van Gogh no ano 1888, neste cadro:

                  Deixade voar a vosa imaxinación e collede o material que máis vos guste para facelo! Pinturas, ceras, acuarelas, rotuladores, plastilina, cartolina... Desta maneira compartiredes unha parte tan persoal das vosas casas e estaremos máis xuntos e unidos neste tempo de estar na casiña.

                  Animádesvos??

                  • DÍA INTERNACIONAL DO CONTO INFANTIL E XUVENIL

                    PREME NA PORTADA DO CONTO

                                                                          SE BUSCA

                    • AS XIRAFAS

                      Ola a todos e todas!

                      Deixámosvos un enlace a unha actividade Lim sobre as xirafas que fixemos hai uns anos.

                      Preme na imaxe para xogar.

                                                                         jirafa

                      • EN PRIMAVERA...PLANTAMOS!

                        Ola nenos e nenas!

                        Durante o outono e o inverno, moitas plantas perderon as súas follas e flores. Como sabedes estiveron esperando á chegada da primavera para

                        volver a nacer e brotar.

                         

                        Neste vídeo podedes aprender moitas cousas sobre as

                        plantas.

                        Despois se queredes, poderedes experimentar se o que

                        nos contan sobre como nacen e medran é verdade.

                        Espero que vos gustara e aprenderades moito! 

                        Pois agora podemos comezar nós a experimentar. Que vos parece esta idea?

                        maceta pelo

                        Podemos facer este bonito experimento na casa usando unha maceta, vasiño ou recipiente cunha fotografía dos nenos pegados na parte dianteira.

                        Os máis pequenos verán que o pelo verde crece aos poucos, o que parecerá moi divertido!

                        Para o resultado perfecto, usa unha fotografía tomada desde a parte frontal e grande, que ocupe toda a parte dianteira do recipiente. Corta a parte

                        do pelo, para que pareza que as mudas que medran son o pelo dos nenos.

                        Como sementes poderíamos empregar alpiste ou céspede, pero tamén con fabas, lentellas ou calquera semente que teñades a man.

                        En canto os pasos a seguir para plantar podemos ver a Samuel e Adrián que nolo van a explicar.

                        PREME NAS IMAXES.

                        PASO 1

                                       TERRA

                        PASO 2 SEMENTE
                        PASO 3

                        3

                        PASO 4 

                        4

                        Que ben! pero cantas cousas nos estades aprendendo!!

                        En pouco tempo é moi posible que nas vosas plantas comecen a agromar pequenas follas.

                        Fixádevos nos nomes das partes das follas e escribide nas fichas de abaixo todo o que sabedes.

                        partes da folla

                      • PLANTAS EN CÁSCARA DE OVO

                        Que chulos estes bonitos ovos!

                        Podemos poñer un anaco de algodón dentro das cunchas, colocar as sementes encima e manter o algodón húmido ata que as plantas medren.

                        PLANTAS OVOS

                        Na imaxe de arriba podedes ver unha pequena guía mostrando paso a paso como facer estas plantas dentro de ovos tan orixinais e divertidas.

                        Como sabes podes cubrir a folla de observación deste experimento. Preme na imaxe para descargarla. 

                        Te animamos a cubrir este modelo ou deseñar o teu!

                        ficha EXPERIMENTO
                        • LEANDRO E OS NÚMEROS

                          HOXE A PROFE NURIA VAINOS CONTAR ...LEANDRO E OS NÚMEROS!

                          LEANDRO PORTADA

                          Nuria_Leandro.

                          PREME  NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

                          SE QUERES FACER UN XOGO COS NÚMEROS PREME AQUÍ  LIM NÚMEROS  

                           

                          • OBSERVATORIO DE AVES

                            OLA!

                            QUEREMOS COMPARTIR CON TODOS VÓS ESTE VÍDEO DE CARMEN E O SEU PAPÁ PEDRO, A NÓS PARÉCENOS UNHA IDEA XENIAL!

                            paxaros de Galicia

                            PREME NA FOTO DE CARMEN E PEDRO PARA VER O VÍDEO

                                                                                                                 FLECHA DERECHA

                                   OBSERV AVES

                             

                            • Bos días!

                              Xa comezou o mes de abril!!

                              Deixámosvos os calendarios para que poidades seguir rexistrando diariamente o día e o tempo.

                              Que vos parece se buscades ou preguntedes ás vosas familias, sobre algún refrán, canción, adiviña ou retahila relacionados co mes de abril ou coa primavera??

                                    REFRANES

                              Logo nos podedes mandar un vídeo recitándoos, e se queredes facer tamén un debuxo encantaríanos velo!!

                              • O ARCO DA VELLA

                                O arco da vella 

                                no ceo subido

                                co seu colorín

                                co seu colorido.

                                  

                                O arco da vella 

                                con sete colores

                                que teñen, no ceo,

                                beleza de flores.

                                  

                                O arco da vella

                                no ceo chantado

                                co seu colorín, 

                                co seu colorado. 

                                 

                                 O arco da vella

                                é un arco triunfal

                                con sete guerreiros 

                                que a ninguén fan mal.

                                 

                                O arco da vella

                                de luz feito é.

                                ¡Resulta un milagre 

                                que siga de pé!

                                 Manuel María: «Os soños na gaiola»

                                ARCO DA VELLA

                                ESPERO QUE VOS GUSTARA O POEMA, E O DEBUXO DA PROFE MARÍA.

                                 

                                EXPERIMENTAMOS

                                AGORA DÉIXOVOS COA NOSA 

                                CIENTÍFICA PREFERIDA, QUE VOLVE A TER 

                                UN RETO PARA VÓS.

                                Preme na foto

                                                           AUDIO%20ARCO%20DA%20VELLA.mp4

                                • DEBUXANDO SOMBRAS

                                  Ola a todos/as!!! Como xa sabedes, comezou a Primavera, e con ela chegan algúns raíños de sol. Que vos parece se os empregamos para facer debuxos? Como? Moi sinxelo! Poñede algúns dos vosos bonecos favoritos ao carón dun papel no que estea a reflexarse o sol. Veredes as sombras destes bonecos no papel. Seguídeas para debuxalos e teredes os animais ou bonecos que escollades plasmados no papel, para corealos como máis vos guste e se vos animades poñédelle nome ao debuxado!! Agardamos ver as vosas creacións pequenos artistas!! Elisa, da clase dos gatos e Rubén, das xirafas, xa probaron. Aquí vedes todo o proceso:

                                                                                                                               

                                  • OVO SALTARÍN (2ª PARTE)

                                    OLA A TODOS E TODAS!

                                    NA SECCIÓN DE MARZO #EUFICONACASA XA ESTÁ PUBLICADO O VÍDEO CO RESULTADO DO EXPERIMENTO DO OVO SALTARÍN.

                                    A PARTIR DE AGORA, PARA O MES DE ABRIL, PUBLICAREMOS AS NOVAS ENTRADAS NESTAS SECCIÓN FLORES E CORES.

                                    MAÑÁ SERÁ O DERRADEIRO DÍA DE PUBLICACIÓNS ATA O REMATE DA SEMANA SANTA, PERO AÍNDA QUEDA ALGUNHA SORPRESA   sorriso

                                    ATA LOGO!

                                    • CALENDARIO

                                      OLA FAMILIAS!

                                      AQUI PODEDES DESCARGAR OS CALENDARIOS DE ABRIL.

                                      POR SUPOSTO, SE NON PODEDES IMPRIMIR OU QUEREDES FACER OS VOSOS PROPIOS CALENDARIOS TAMÉN SERÍA PERFECTO.

                                      MOOOITO ÁNIMO CO CONFINAMENTO!

                                      CO BEN QUE OS ESTADES FACENDO EN MOI POUQUIÑO VOLVEREMOS A VERNOS.

                                      APERTAS DE SARA, ALBA, MARÍA, NURIA, CARMEN, VANESA, LIDIA E IAGO!!