Esquema de temas

  • Xeral

    QUERIDAS FAMILIAS,

    TODAS ESTAS PROPOSTAS, ADEMAIS DE SER VOLUNTARIAS, NON TEÑEN QUE DESENVOLVERSE NA ORDE EN QUE AS IMOS PRESENTANDO.

    O QUE PRETENDEMOS É APORTARVOS UNHA AXUDA PARA PASAR UN RATIÑO FACENDO ALGUNAS COUSAS COMO FACEMOS NA ESCOLA.

    ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN E VOS SIRVAN PERO, ANTE ISTO OU UN RATO DE XOGOS NO XARDÍN OU DE FACER CALQUERA OUTRA COUSA

    EN FAMILIA PENSAMOS QUE XA SABEDES O QUE NÓS ESCOLLERÍAMOS.

    MOITOS ÁNIMOS E APERTAS DE TODA A EQUIPA DE INFANTIL!

  • ASÍ ES MI CORAZÓN

    Como primeira proposta queremos compartir con vós o conto "Así es mi corazón", de Jo Witek e Christine Roussey.

    así es mi corazón

    • CONTO: ASÍ ES MI CORAZÓN: https://youtu.be/SeQs_5kEyuY
      • Conversar sobre o conto

      • Facer cada uno su propio corazón (colores, plasti, con distintos elementos, aproveitando o que teñamos na casa) 

    • CHIBOS CHIBÓNS

      "Chibos Chibóns" vainos axudar a pasar un bo rato. Esta adaptación de Olalla González dun conto popular, editado por Kalandraka, nos fala dunha familia de tres chibos que buscan mellores terras onde pastar. Como veredes, terán que agudizar o inxenio para non saír mal parados.

      A continuación tedes algunha actividade, coas que seguro vos podedes entreter un rato. Preme na imaxe ou no enlace para ver o vídeo.

       chibos chibóns

      https://www.youtube.com/watch?v=aHuZ-mP2K4U

    • EU TEÑO ALGUÉN...

      Como nos contan en "Sueños del Gatipedro", María Fumaça naceu do amor e a loia por axudar e facer feliz a Ruí, un neno con parálise cerebral. O que xurdiu como regalo de Nadal para o pequeno Ruí de man da súa madriña, a cantante galega Uxía Senlle, e un grupo de amigos músicos, converteuse nunha das propostas musicais infantís máis coñecidas en Galicia.

      Na escola algunhas das nosas cancións preferidas son deste fantástico grupo. Unha delas é "Eu teño alguén no meu corazón", por iso cando vimos unha proposta con esta canción pensamos en compartila con vós.

      Preme na imaxe ou na ligazón para escoitar a canción.

      https://youtu.be/HiHDRCyV5Es

      Se xa escoitaches e bailaches coa canción, que che parece se agora pensamos en como te gustaría facer un corazón? Ten que ser un corazón no que podas meter aquelas persoas, que queres, incluídas aquelas que non podes ver nestes días de ficar na casa. 

      Para o corazón podes empregar calquera técnica e material que teñas na casa, pinturas, témperas, acuarelas, cartón, follas, ramas, pedras...

      Seguro que cando o remates e llo ensines aos teus seres queridos quedan abraiados!

      • ASEMBLEA

        Ola a todos e todas.

        Neste apartado podedes acceder e descargar recursos para, se queredes, facer unha pequena asemblea diaria.

        • Calendario. Cubrimos o número do día, o tempo atmosférico e contamos cantos días faltan para rematar o mes.
      • DÍA DA POESÍA

        Esperamos que esteades ben todos e todas e que ainda nesta situación, pasarades unha boa fin de semana.

        A verdade entre o Día do Pai, a chegada da primavera e o sábado 21, Día da Poesía, temos moito do que falar.

        Para comezar, e que non se nos esqueza, imos ler un poema de Manuel María. Como sabedes foi un poeta de Outeiro de Rei, na Terra Chá de Lugo. Homenaxeado coas Letras Galegas no ano 2016 deixounos unha morea de fermosas obras para tódalas idades.

        Se tedes curiosidade, premendo no seu nome podedes aprender máis cousas del. MANUEL MARÍA    

                                                                                                                    "Terra Chá" 1954

        PREME EN "O GATO E O RATO"

      • EXPERIMENTOS

        Ola a todos e todas!

        Que vos parece se facemos algún experimento? As profes Vanesa e Alba estiveron argallando nas súas casas e queren facervos unhas divertidas propostas que seguro que poderes facer estes días na casa.

        Esperamos que vos gusten!!

        Preme AQUÍ para ver o vídeo da profe Vanesa.

        E aquí tedes a explicación deste primeiro experimento e outros dous que preparou a profe Alba.

        POR QUE LAVAMOS AS MANS?

        A LÁMPADA DE LAVA

        PESCANDO XEO                 

         científico

        • REALIDADE AUMENTADA

          Hoxe tamén temos unha proposta realmente alucinante da profe Nuria cunha app gratuita.

          Ola! Propóñovos unha actividade, que creo que aos máis pequenos lles pode gustar moito.

          É coa aplicación Quiver-3D Coloring App. Trátase de escoller un debuxo, imprimilo e colorealo. Despoís tedes que dixitalizalo coa aplicación e...maxia!!!

          Envío o meu vídeo para que vexades un debuxo especial que fixen dedicado a todos os meus lindos gatos!

          Espero que vos guste!

          Preme AQUÍ para ver o vídeo.

          • CORONAVIRUS NO ES UN PRÍNCIPE (NI UNA PRINCESA)

            Porque a veces no es fácil explicar estas cosas.

            Porque los cuentos son la mejor ventana a la que asomarnos y viajar.

            Por que no todo sale como queremos.

            Porque juntos superamos cualquier cosa porque cada día en casa es una oportunidad más

            para seguir aprendiendo de vosotros.

            Así comeza este conto onde a periodista María Coco, xunto á ilustradora Sara Ramírez nos contan, cunha visión achegada aos máis pequenos a realidade do coronavirus, co propósito de axudar ás familias nestes momentos tan difíciles.

            Preme na imaxe para ler o conto.

            portada conto coronavirus

            Se liches con atención este conto igual podes contestarme a unhas preguntas:

            - Lembraste de cómo se chama o aparello que emprega a científica para poder ver o coronavirus?

            - Que forma ten o coronavirus, saberías dibuxalo?

            - Coronavirus ten un montón de letras no seu nome. Saberías escribilo?

            - A ver se agora eres capaz de decirme tres superpoderes que ti tes para derrotar ao coronavirus.

            NORABOA! COS TEUS SUPERPODERES PRONTO ESTAREMOS DE NOVO XUNTOS NA ESCOLA!!!

            Se queres, aínda podemos facer máis divertido un dos teus superpoderes cunha canción dun dos nosos grupos preferidos.

            Preme na imaxe

            migallas lava mans

            • CANTO APRENDEMOS COA MÚSICA!

              Sen dúbida, tanto na asamblea como noutros momentos, un dos mellores modos de aprender é cantando. 

              Canción Os Números

              Vídeo incluído no libro-disco XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ. María Fumaça, Editorial Galaxia, 2014

              MESES DO ANO

              Videoclip da canción de Magín Blanco "Os meses do ano", a partir das ilustracións de Xulia Vicente para O tempo cronolóxico.

               

              • O XARDÍN DE IRENE

                XA QUE ESTAMOS NA PRIMAVEIRA VANESA VAINOS

                CONTAR O CONTO...

                XARDIN PORT

                ESTAMOS TODOS DESEXOSOS DE VER OS VOSOS XARDÍNS. XA SABEDES QUE PODEDES MANDAR UNHA FOTO DO DEBUXO ÁS VOSAS PROFES, E SE SABEDES O NOME DALGUHA PLANTA OU BICHIÑO PODEDES ANIMARVOS A ESCRIBILO!

                EXPERIMENTAMOS...

                TEDES GANAS DE EXPERIMENTAR? ESPERADE A VER O QUE FIXERON AS GATAS CLAUDIA E ALICIA.

                FLORES ALICIA FLORES CLAUDIA

                A QUE É UNHA PASADA!! ESTAMOS APRENDENDO MOITÍSIMAS COUSAS CON TODO O QUE FACEDES E NOS MANDADES.

                MOITOS BICOS PRIMAVERAIS A TODOS E TODAS!

                • A MOVER O ESQUELETE!

                  BO DIA A TODOS E A TODAS! QUE  VOS PARECE SE COMEZAMOS CON UN POCO DE EXERCICIO?

                  • ABECEDARIO

                    Abecedario 2

                    Preme para saber máis desta canción e escoitar a versión só coas letras.

                    https://www.amesa.gal/noticias/noticias-da-mesa/cancion-o-abecedario-de-magin-blanco

                    LAND ART FICOCASA

                     Ola familias!

                    Aproveitando o bo tempo que nos acompaña, propoñemos unha actividade ao aire libre inspirada 

                    no movemento Land Art.

                    Isto consiste en aproveitar os recursos que a natureza nos ofrece (paus, follas, flores, pedras,

                    conchas ...) ou, se non os tes, de elemetos cotiáns que atopas na casa (pezas de construción, 

                    cores, coches ... .) escribir letras e continuar así avanzando no proceso de lectura e escritura 

                    dun xeito lúdico e manipulativo.

                    Aquí tes algúns exemplos de actividades que podes facer:

                    • Crea a inicial do teu nome, o dun familiar, un amigo ... 
                    • Compón o alfabeto. 
                    • Crea algunha palabra importante para ti. 
                    • Compón un pequeno texto.

                    Animádevos a participar e envíanos as vosas producións !!!

                     
                    • FREDERICK

                      FREDERICK PORTADA

                      PREME NO CONTO

                      • NON É UNHA CAIXA

                        Traémosche unha proposta na que a creatividade será fundamental e para iso só 

                        precisa unha caixa.
                        Si, si Unha caixa de cartón.
                        ¿Estás listo?
                        O primeiro que debes facer é visualizar a seguinte historia:

                        NO ES UNA CAJA PORTADA Algunha vez pensaches en que unha simple caixa de cartón podería abrir tantas

                        posibilidades de xogo?
                        Agora tócate a ti!
                        Olla pola casa para atopar unha caixa e ... deixa que a túa imaxinación voar! Estamos desexando ver os resultados.
                        Seguro que co artistas que sodes nos deixaredes coa boca aberta!
                        • AS CARIÑAS ANTIESTRES

                          Esta proposta está baseada na obra dun artista chamado Nando Ferreti.  

                          Animámosvos a que vos transformedes en grandes creadores de caras que poderán ser de todos os tamaños, formas e cores,  

                          poderán ser tan variadas como a vosa imaxinación vos permita.

                          Así que, se estades preparados, mans a obra e a crear!

                           máscara2

                          máscara1

                          É moi sinxelo de facer, un exemplo dos pasos a seguir pode ser:

                          - cortar con cartón as distintas partes das caras, de todas as formas que se vos ocorran.

                          - poñer unha cuberta de papel de periódico ou simplemente colorear de branco as distintas pezas recortadas e deixar secar

                          - pintar de distintas cores.

                          - detallar con pintura negra o un plumón.

                          - montar e pegar con pegamento 

                          -  se queredes podedes agregar barniz para que quede moi brillante.

                          Máscaras3

                           

                          E listoooo o estrés e a ansiedade marchan para sempre.

                          Para ver todo o texto e as imaxes:

                          Se estás co móbil ou tablet desplaza a imaxe co dedo.

                          Se estás no ordenador move a barra que está xusto debaixo destas letras. 

                          • Este tema

                            O OVO SALTARÍN (PARTE 1)

                            OLA EQUIPO!

                            HOXE IMOS EXPERIMENTAR

                            EXPERIMENTAMOS

                            CIENTÍFICO

                            • O MÉTODO CIENTÍFICO

                              XA QUE ESTAMOS FACENDO TANTOS EXPERIMENTOS IMOS FALAR DO MÉTODO CIENTÍFICO

                              E PARA ISO IMOS VER ESTE VÍDEO.

                              CARTEL VIDEO EXPERIMENTO

                              PODEMOS RESUMIR OS PASOS DO MÉTODO CIENTÍFICO EN:

                              1   OBSERVAMOS OBSERVAMOS (MIRAMOS, TOCAMOS, ULIMOS, SABOREAMOS...)

                                preguntamos     NOS PREGUNTAMOS (COMO...?   POR QUE...?    CANDO...?    QUE PASARÍA SE...?)

                               3   HIPÓTESES        FORMULAR HIPÓTESES (IMAXINAMOS RESPOSTAS, SOLUCIÓNS)

                              4  EXPERIM_ICONO      EXPERIMENTAMOS

                              5 FICHA EXPERIMENTO ANALIZAMOS E ANOTAMOS OS RESULTADOS

                              ICONO SOLUCIÓN CHEGAMOS A UNHA SOLUCIÓN, DESCUBRIMOS O QUE PASA

                              AGORA PREME NA IMAXE PARA DESCARGAR A TÚA FOLLA DE OBSERVACIÓN, PODES CUBRILA CON CADA EXPERIMENTO.

                              FICHA EXPERIMENTO

                                    

                              • O OVO SALTARÍN (2 PARTE)

                                Ola nenas e nenos!  

                                Hoxe podedes ver coa profe Vane, o resultado do experimento do ovo saltarín. 

                                Agora temos que comparar, non sabemos se todos sairán igual. 

                                Lembrade non tirar o ovo desde moita altura, creo que aínda que non sae no vídeo pode chegar a romper!  mono tapa ojos

                                EXPERIMENTAMOS

                                ovo 2parte