O plan contable. Aplicación da contabilidade analítica, discriminación dos instrumentos de financiamento e ordenación de balances e contas, resultados, xestión de plans de tesouraría, cálculo de desviacións, compatibilidade analítica e instrumentos de financiamento.

Análise e interpretación de estados financeiros do sector artístico. Compravenda de servizos. Formas de contratación laboral e mercantil. Xestión de dereitos e de seguros. Xestión fiscal de IVE, IRPF e seguridade social. Elaboración e xestión de balances e contas de resultados

Coñecemento da teoría e práctica do patrocinio privado e público e das súas características e diferenzas, dos diferentes programas de soporte cultural das administracións e institucións e das diferentes formas de rendibilidade do patrocinio privado, así como dos seus mecanismos de acceso.