Xeral
O curso pretende amosar as posibilidades da web na área de lingua galega dende ver técnicas de busca eficaz e tratamento da información ata ver adquisición de recursos e materiais extraídos da rede, blogs, wikis, podcast, posibilidades de Moodle como recurso na aula de Lingua e literatura, etc. En Moodle ofrécese unha mostra de dúas unidades.
Esta parte do curso ten por obxectivo mostrar como unha plataforma virtual de aprendizaxe, caso do Moodle, nos permite a planificación global da materia para ofertar os diferentes materiais didácticos xerados ao longo do ano académico. Tamén veremos algúns programas auxiliares desta plataforma cos que podemos traballar, especialmente eXelearning e Hot Potatoes. Para calquera consulta poden enviar un correo a xoancosta@edu.xunta.es.
O primeiro, naturalmente, é ofrecer un manual de uso de Moodle.