Rosalía

ee

Rosalía de Castro. Vida e obra



En Rosalía encontramos unha muller forte, decidida, moi consciente das dificultades que para unha muller do S. XIX supuña o oficio de escritora nunha sociedade na que o labor intelectual estaba reservado unicamente aos homes. E non é só que asumise os riscos desta situación senón que mesmo se nega a facer a “literatura femenina” que escribían algunhas autoras da literatura española como Carolina Coronado.O poema que encabeza, e non por casualidade, o libro Follas novas di así:

Daquelas que cantan as pombas i as frores,

todos din que teñen alma de muller.

Pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma,

¡ai! ¿de que a terei?

Adopta esta postura tamén cun plantexamento moi claro de defensa dos débiles, das mulleres e homes explotados, de “Galicia mesma, a quen xeneralmente xuzgan o máis despreciable e feio de España, cando acaso sea o máis hermoso e dino de alabanza.

E en perfecta coherencia con isto, asume ese compromiso na súa integridade empregando a lingua marxinada secularmente, a lingua que usaban aqueles e aquelas que, moitas veces analfabetos, foron os auténticos protagonistas e destinatarios de grande parte dos seus versos.


Como concibe Rosal´ñia a literatura e o seu papel como escritora segundo se desprende dos videos?