Skip to Content

Ed. física

Cross Escolar Baiona

Cross Escolar.

PROPOSTAS PARA MANTER A CONDICIÓN FÍSICA

-Video 1: actividade física con multisaltos.

-Video 2: xogos para saltar con papeis de cores.

-Video 3: pliometría, exercicios de coordinación nun cadro.

-Video 4: coordinación e equilibrio cun pe.

-Video 5: minisesión con Tabata.

-Video 6: entrenamento con actividade funcional.

        

ACTIVIDADES DE COORDINACIÓN DINÁMICA XERAL

 

Ola a todos e a todas, xa vai quedando menos para que todo isto pase. Mentres tanto temos que seguir traballando e mirar o futuro con esperanza e moito ánimo. Vamos a propoñer, polo tanto, unha serie de videos nos que se pode traballar a coordinación dinámica xeral e a condición física. Un biquiño para todos e todas.

-Video 1: exercicios de motricidade xeral.

-Video 2: coordinación dinámica co tren inferior.

-Video 3:  xogos de coordinación e manualidades.

-Video 4: circuito para nenos e nenas e tamén para os maiores.

A continuación propóñovos unha taboa de exercicios moi sinxelos para todos e todas, que nos axudarán a manternos en forma empregando moi pouco tempo. Para isto é importante facer 3-4 series de 30 segundos de traballo alternado con 30 segundos de descanso. Entre cada serie podemos adicar entre 90 e 120 segundos de descanso. É moi útil unha aplicación para o teléfono que se chama TABATA TIMER.

ACTIVIDADES PARA MANTER A CONDICIÓN FÍSICA NA CASA

O máis importante para pasar esta cuarentena cos nenos e nenas na casa con éxito é evitar que pasen os días pegados a unha pantalla. É importante que continúen coa súa mesma rutina: hora de erguerse, aproveitar a mañá para facer os deberes e fomentar o estudo, así como o horario de comidas, merendas e ceas.

Polas tardes podemos aproveitar para facer un pouco de exercicio todos xuntos. Practicar deporte é moi beneficioso para reducir, sobre todo nestes momentos, os niveis de ansiedade e preocupación. Algunhas das actividades que podemos facer cos nenos e nenas son as seguintes:

-O GANSO DA CONDICIÓN FÍSICA.

 

PROBAS DO XOGO DO GANSO DA CONDICIÓN FÍSICA.

1-Skiping durante 15 segundos.

2.-Talóns aos glúteos durante 15 segundos.

3.-Flexión profunda de pernas cunha adiantada e a outra atrasada durante 15 segundos.

4.-Flexión profunda de pernas adiantandoas e atrasandoas á vez durante 15 segundos.

5.-Subir e baixar dunha cadeira durante 15 segundos.

6.-Facer 20 abdominais.

7.-De oca a oca e tiro porque me toca.

8.-Saltos a un lado e outro dunha corda, batendo cos dous pes durante 15 segundos.

9.-Retrocede 3 postos.

10.-Deitado cara arriba, facer a bicicleta durante 15 seg.

11.-De oca a oca e tiro porque me toca.

12.-Saltar sobre un pe durante 15 seg.

13.-Desprazarse saltando cos pes xuntos durante 15 seg.

14.-Facer 20 abdominais.

15.-De oca a oca porque me toca.

16.-Saltar subindo os xeonllos ao peito durante 15 seg.

17.-Retrocede 3 postos.

18.-Deitado cara arriba, subir e baixar as pernas 90 graos durante 15 seg.

19.-Saltar a comba durante 15 seg.

20.-De oca a oca e tiro porque me toca.

21.-Facer sentadillas durante 15 seg.

22.-Elevar de forma alterna un brazo e a perna contraria durante 15 seg.

23.-Facer a ponte.

24.-Facer 20 abdominais.

25.-Facer 10 saltos con cada pe.

26.-Manter o equilibrio sobre un pe durante 15 segundos.

27.-Retrocede 3 casillas.

28.-Flexións e extensións de brazos durante 15 seg.

29.-Deitado cara arriba, abrir e pechar pernas e brazos durante 15 seg.

-XOGOS DIVERTIDOS PARA NON ABURRIRSE NA CASA.

-XOGOS DE DESTREZA.

-CIRCUITO DE PSICOMOTRICIDADE PARA OS MÁIS PEQUENOS.

XOGOS DIVERTIDOS PARA OS DÍAS DE SEMANA SANTA.

XOGOS DIVERTIDOS PARA OS DÍAS DE SEMANA SANTA

Nestes días, que temos que estar en casa, é importante que os nenos e nenas, así como tamén os adultos, manteñamos un hábito de actividade física, que se pode desenvolver mediante xogos nos que se poden empregar materiais moi simples e sinxelos que soemos ter pola casa. Ahí van algunhas propostas!

1.-O LABERINTO.

Con cinta adhesiva podemos deseñar un laberinto no chan, que os peques deberán percorrer. Poden facelo levando unha pelota cos pes, en cuadrupedia ou simplemente camiñando.

ç

 

2.-GLOBO TENIS.

Empregando unha paleta para cazar moscas como raqueta e uns globos como pelota, pódese montar un partido de tenis na casa sen romper nada.

3.-TIRO AO BLANCO.

Para montar este xogo simplemento precisamos unha caixa de cartón, rollos de papel e pelotas pequenas, ademais dunha pistola  tipo Nerf, ou no caso de non ter a pistola, pódense usar outras pelotas para lanzar. Hai que pegar os rollos sobre a caixa, darlles unha puntuación e logo pousar enriba as pelotiñas.

 

4.-CARREIRA DE POMPÓNS.

Necesitaremos pallas, pompóns ( ou boliñas de papel) e un pouco de cinta adhesiva para marcar na mesa as liñas de saída e meta. Pódese xogar de dúas maneiras, segundo o espazo do que se dispoña. Se a mesa é ampla pódese facer unha carreira entre dous ou máis participantes, e se é máis pequena xogará un participante cada vez e gañará quen consiga levar máis pompóns máis aló da liña de meta, simplemente soprando pola palla e sen usar as mans.

 

5.-O XOGO DAS BRAGAS (PANTYS).

Hai que poñer unha pelotiña dentro dunha braga e logo poñémola na cabeza. Sen empregar as mans, só movendo a cabeza, hai que derribar o maior número de botellas nun minuto.

 

6.-LANZAMENTO DE AVIÓNS.

Aquí temos un xogo no que exercita o lanzamento de preción con avións de papel. Cunha cartolina podedes preparar un taboleiro con buratos polos que os nenos deberán facer pasar os seus avións. Podedes dar unha puntuación a cada burato e pendurar o taboleiro nunha porta.

 

7.-LABERINTO DE RAIOS LÁSER.

Este xogo é perfecto para facer na casa, se tedes un corredor como o da foto. Podemos facelo pegando tiras de papel dun lado ao outro da parede, empregando cinta adhesiva. É convinte que as tiras sexan de papel pinocho para que teñan certa flexibilidade e non se despeguen se as tocamos. Os nenos deberán chegar dun lado ao outro do corredor sen despegar nin romper ningunha cinta.

 

 

EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

Atopámonos nun momento no que non podemos sair da casA e os nenos necesitan actividade. Ao fin do día os nenos e nenas aínda seguen enérxigos e os pais e nais xa non poden mais. É necesario incluir o deporte na rutina diaria cos nenos e nenas! 

Aínda que teñan que estar na casa, non hai ninguna excusa para non facer exercicios con toda a familia, por iso imos a facilitar propostas fáciles e divertidas para que os nenos disfruten facendo deporte na casa.

 -Ioga cos nenos.

 -Actividade física en familia.

 -Condición física (resistencia).

 -Programa entrenamiento funcional.

Actividade para os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.

 -Circuito psicomotricidade

 -Psicomotricidade fina.

 -Xogos con globos.

Actividade proposta para nenos e nenas de 3º e 4º de primaria.

 -Kids work out

 -Estiramentos.

Actividade para nenos de 5º e 6º de primaria.

 -Circuito de forza.

 -Rutina abdominais.

Os adultos tamén nos podemos animar a facer as nosas taboas de exercicio na casa. Aquí van algunhas propostas:

 -Rutina de 35 minutos de exercicio aeróbico.

 -Rutina tren inferior e abdome.

Descubrindo os Xogos Populares. Xuntanza intercentros 2019. Descubrindo o Norte. Plan Proxecta

logo DoN18_2Un ano máis, e  xa van tres, o alumnado do colexio participa no Plan Proxecta, promovido pola Consellería de Educación e a Secretaría Xeral para o Deporte. A modalidade na que participa o centro e "Centros Activos e Saudables"  a través do Proxeco Interdisciplinar "Descubrindo o Norte". No proxecto participan todos os nenos do colexio e algúns mestres do mesmo. Alimentación e nutrición, ciencia, cultura, senderismo, deporte de orientación, actividades lúdicas e dportivas, xogos populares. Sobre os valores que reportan os xogos podemos atopar:

  •     Permiten ao nenos e nenas descubrir o valor da colaboración e estreitar lazos de amizade
  •     Prantexan retos e impulsan aos cativos a esforzarse venciendo dificultades.
  •     Potencian algunhas habilidades e destrezas útiles en distintas áreas.
  •     Axudan no proceso socializador e gañar confianzace autoestima.
  •     Son ideais para conseguir que o neno disfrute pasando tempo libre ao aire libre.
  •     Impulsan a visión espacial e melloran a psicomotricidade.

Nas sguintes imaxes atópanse as galerías fotográficas das últimas actividades desenvolvidas.

Xogos no Colexio

Xuntanza intercentros

Gondomar

Tenis de Mesa con Club Deportivo Vicios. Plan Proxecta

logo DoN18_2Ademáis de todos os valores que aportan as actividades deportivas ás persoas que as practicas, neste caso o noso alumnado,  a concentración, a velocidade de reacción, habilidades coordinativas, entre outras moitas, e como non, a diversión, son aspectos que o Tenis de mesa axuda a desenvolver. A través do programa "Coñece o meu club" de Xogade, o Club Deportivo Vincios cos seus adestradores Tomás e Manuel Pereiro estiveron compartindo co noso alumnado a súa paixon por este deporte.

galería fotográfica

Os deportes con bicicletas. Plan Proxecta

logo DoN18_2O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria  gozou dunha xornada deportiva con bicicletas. Esta actividade organizouse desde o departamento de Educación Física e a colaboración do Club Ciclista Vigués a través do programa "Coñece o meu club" de Xogade. Os aspectos lúdicos, técnicos e de prevención de riscos foron os eixes vertebradores. O noso agradecimiento ao Club Ciclista Vigués que, de forma tan altruísta como didáctica, transmitiu a súa paixón polo deporte da bicicleta nas súas distintas variantes.

Na seguinte icona, atópase a galería fotrográfica da actividade.

Galería fotográfica

 

 

O Deporte da Loita. Plan Proxecta: Coñece o meu club (Xogade)

logo DoN18_2O proxecto Descubrindo o Norte, incluído no Plan Proxecta da Consellería de Educación e dentro do programa "Coñece o meu Club" de Xogade, o CEP Sabarís participa na campaña de promoción da Loita cunha serie de actividades nas clases de Educación Física que culminarán nunha xuntanza de varios colexios o vindeiro día 2 de abril no pavillón de Biaona con alumnado de 4º.

loitas lucha
Galería fotográfica

Encontro Deportivo 

Xogade Loita en Baiona

Distribuir contido


    

by Dr. Radut