NOITE NA BIBLIO
O polbo Ramón quedou encantado coa festa do venres pola noite na biblioteca. O alumnado do Club de Lectura xunto co Voluntariado da biblio, estaban desexando a chegada do venres 9 para levar a cabo esta actividade que quedara interrompida pola pandemia.
Ademáis das lecturas fixemos a valoración do curso que está rematando e recollemos propostas de mellora para o vindeiro curso. Divertímonos moito resolvendo as probas da xincana e fixemos dramatizacións coas que rimos a esgalla.