EU ROMPO A CADEA, E TI ?
As actitudes machistas e os comportamentos agresivos non nacen espontaneamente nos nenos senon que son conductas aprendidas. Nunha sociedade na que aínda queda moito estereotipo e prexuizo machista, na escola temos moito que traballar para chegar a unha sociedade totalmente igualitaria entre homes e mulleres. No cole, hoxe é un día de reflexión, visionado de curtas e lecturas sobre o tema. Ademáis aproveitando que o tema deste curso é o camiño de Santiago fixemos as nosas particulares "compostelas contra a violencia" onde apuntamos os nosos compromisos contra a violencia machista en todas as súas manifestacións.
Gustounos moito este video da biblio do CEIP Saco e Arce de Toén polo que vos deixamos aquí o enlace para que o vexades tamén nas casas.