Skip to Content

Notas informativas

Fondo solidario de libros

INICIO CURSO

ENTREGA DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

As familias do alumnado de 3º a 6º que teña dereito a libros do fondo solidario deberán pasar a recollelos no colexio nalgún dos seguintes días:

  • Mércores, 11 de setembro: á entrada (ás 9 horas).
  • Xoves, 12 de setembro: á entrada (ás 9 horas).
  • Venres13 de setembro: á entrada (ás 9 horas).

Os libros entregaranse soamente á nai, ao pai, ao titor ou á titora legal, que deberá asinar un documento de compromiso.

*En caso de que a nai, pai, titor ou titora legal non poida vir nos días fixados, poderá delegar esta función noutra persoa mediante unha autorización formal por escrito (descargar modelo de autorización no documento adxunto ou solicitar un impreso en secretaría).

 

IMPORTANTE: Nas asignaturas nas que en vez dun libro haxa tres (un por cada trimestre), soamente se entregará o libro correspondente ao primeiro. Ao remate de cada trimestre o alumno ou alumna deberá devolver o libro e, cando o entregue, daráselle o seguinte.

*A persoa que recolla os libros levará todos para forralos e etiquetalos e deberá devolver, ao titor ou titora, os do segundo e terceiro trimestre para que queden na aula.

DOCUMENTO ADXUNTO:

- Autorización para que outra persoa adulta recolla e asine en nome do pai/nai/titor/titora legal.

Información importante fin de curso 2022-23

Horario de secretaría no mes de xullo

DO DÍA 3 AO 14  DE 10.00 A 13.00 H

Comedor escolar curso 2023-24

-Publicación listaxes provisionais de admitidos e reservas: 4 de xullo, no interior do edificio principal.

-Prazo presentación alegacións: 5 días hábiles tras a publicación das listaxes provisionais.

-Listaxe definitiva de admitidos e de reservas: exposta no interior do edificio principal unha vez resoltas todas as alegacións polo Consello Escolar do centro.

Axudas libros de texto e material escolar

-Listaxes provisionais de beneficiarios do fondo de libros (3º, 4º, 5º e 6º): 4 de xullo, no interior do edificio principal.

-Prazo de reclamacións: 5 e 6 de xullo.

-Listaxes definitivas de beneficiarios do fondo de libros (3º, 4º, 5º e 6º): 7 de xullo, no interior do edificio principal.

-Entrega de vales de libros de texto (1º e 2º) e material escolar: do 4 ao 14 de xullo, na secretaría do centro (de 10 a 13 horas).

*Estes datos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Recollida historial académico de 6º rematada a etapa de primaria

-Prazo e lugar: do 4 ao 14 de xullo, na secretaría do centro.

 *Para calquera dúbida ou consulta poden poñerse en contacto co centro telefonicamente (986 29 80 58) ou acudindo a secretaría.

 

Remate curso 2022-23 para o alumnado: mércores 21 de xuño.

Comezo das clases curso 2023-24: luns 11 de setembro.

En nome do equipo de profesorado,

desexámoslles unhas boas vacacións.

-

Covid-19

REPARTO MÁSCARAS

Estimadas familias.
A partir do mércores 16 de decembro, procederáse ao reparto das máscaras entre o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar. 
  • Ao alumnado de 1º, 2º e 3º, que non teñan irmáns nos cursos superiores, entregaránselles esta semana previa cita telefónica.
  • O alumnado de 4º, 5º e 6º será avisado proximamente.

Un saúdo.
O equipo directivo.

Características e instrucións de uso das máscaras

Clases non presenciais

HORARIOS ESPELLO

Publicamos os horarios que regularán a actividade lectiva non presencial para 3º, 4º, 5º e 6º en caso de peche das aulas presenciais. A actividade virtual terá lugar na Aula Virtual e a través de videoconferencias co servizo Cisco Webex.

Estes horarios serán de obrigado cumprimento para alumnado e profesorado.

Establecerase un control de asistencia mediante as ferramentas habituais a través da aplicación Xade e haberá que xustificar as faltas.

  • Carta dirixida ás familias: Enlace

Final de curso

INFORMACIÓNS FINAL DE CURSO

- Horario de secretaría no mes de xullo: do 1 ao 10, de 10.00 a 13.00 horas.

Comedor curso 2020-21 

SOLICITANTE IMPRESO A PRESENTAR DATAS
Usuarios actuais que continúan no curso 2020-21 Impreso de confirmación de praza +Autodeclaración Do 19 ao 29 de xuño (na secretaría do centro)
Novos comensais no curso 2020-21 Impreso de reserva +Autodeclaración Do 19 ao 29 de xuño (na secretaría do centro)

Enlaces aos impresos e outros documentos

 As listaxes provisionais de admitidos no comedor e, de ser o caso as listaxes de reserva, serán publicadas no interior do edificio principal o 1 de xullo, abríndose de seguido un prazo de 5 día hábiles para presentación de alegacións. Unha vez resoltas a as alegacións polo Consello Escolar do centro, elevará a definitivas a lista de admitidos e a lista de reserva, que serán expostas ao público no interior do edificio principal.

Transporte escolar curso 2020-21
IMPRESO A PRESENTAR DATAS
Impreso de solicitude de praza para o vindeiro curso Do 19 ao 29 de xuño

Enlace ao impreso

 

Axudas libros de texto e material escolar
Listaxes provisionais de beneficiarios do fondo de libros (3º, 4º, 5º e 6º) Data de publicación: 1 de xullo (no interior do edificio principal)
Prazo de reclamacións 2 e 3 de xullo
Listaxes definitivas de beneficiarios do fondo de libros (3º, 4º, 5º e 6º) Data de publicación: 6 de xullo (no interior do edificio principal)
Entrega de vales de libros de texto (1º e 2º) e material escolar Do 6 ao 10 de xullo (na secretaría do centro, de 10 a 13 horas)

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Historial académico de 6º

Entre o 6 e 10 de xullo, as familias do alumnado de 6º poderá recoller en secretaría o historial académico deste alumnado ao rematar a etapa de primaria.

En nome do EQUIPO DE PROFESORADO, DESEXÁMOSLLES UNHAS BOAS VACACIÓNS.

3º trimestre

NOTA INFORMATIVA

Estimadas familias:

Hoxe, martes 14 de abril, comeza o terceiro trimestre. Estamos á espera das instruccións da Consellería de Educación para encamiñar o noso traballo cara á terceira avaliación.

Mentras, seguiremos traballando como o estabamos a facer antes das vacacións.

Para calquera dúbida estamos dispoñibles a través do teléfono do colexio (986 29 80 58) e do mail (cep.celso.emilio.ferreiro@edu.xunta.es), de 10 a 13 horas.

Grazas pola vosa colaboración e moito ánimo!!!

Boletíns notas

PUBLICACIÓN NOTAS 2º TRIMESTRE

O vindeiro 3 de abril dáse por rematado o segundo trimestre. Nesa data publicaranse os boletíns correspondentes a esta 2ª avaliación que nesta situación comprendeu dende o 8 de xaneiro ata o 13 de marzo.

As familias teredes acceso aos boletíns a través da aplicación abalarMOVIL. Enlace

Calquera incidencia relacionada co abalarMoVIL podedes consultala na Unidade de Atención de Centros (UAC) Telf. 881997701.

 

Comedor

AXUDAS ALUMNADO BOLSAS COMEDOR

A partir do martes 31 de marzo do 2020, e ata o día 6 de abril, os usuarios, gratuítos e semigratuítos, do servizo do comedor escolar poderán solicitar estas axudas. Consultar información: Enlace

Solicitude

  • Presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
  • Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Horario de atención no colexio

  • De 11 a 13 horas, vía telefónica ou vía correo electrónico.

Recollida alumnado

INICIO DE CURSO

RECOLLIDA DO ALUMNADO TRAS REMATAR O TEMPO LECTIVO

 

Recollida do alumnado

As familias de todo o alumnado de 1º a 6º deberán actualizar o antes posible os datos das persoas autorizadas para recollelos tras a xornada lectiva (14.00 horas).

Alumnado de 5º e 6º

Saída do colexio: No caso de alumnado de 5º e 6º que vaia saír só, deberedes comunicalo a través dunha autorización ou actualizala (no caso de que xa a tivese en anos anteriores).

Autobús: No caso de alumnado transportado ao que ningún adulto o vaia recoller na parada de bus, tamén deberá ser cuberta unha autorización a tal efecto.

*Para facilitar a posibilidade de ter preparadas estas autorizacións de cara ao primeiro día do curso, adxuntamos os modelos para que os poidades descargar e traer xa cubertos o vindeiro mércores se o precisades.

DOCUMENTOS ADXUNTOS:

  • Autorización para recoller ao alumnado na parada de transporte escolar.
  • Autorización para recoller ao alumnado ao rematar o tempo lectivo.

Consello Escolar

COMPOSICIÓN NOVO CONSELLO ESCOLAR 2018

Freepik

O martes 27 de novembro leváronse a cabo as votacións para a elección dos novos compoñentes do Consello Escolar.

COMPOSICIÓN DO NOVO CONSELLO ESCOLAR

Equipo directivo:

  • Director: José Casas Freire
  • Xefa de Estudos: Paula Iglesias Fernández
  • Secretaria: Paz Lago Gil

Representantes do profesorado:

  • Ana Mª. Fernández Covelo
  • Mª. Ángeles Galego Rouco
  • Eva Mª. Gómez López
  • Mª. Fernanda Lorenzo Vázquez
  • Cristina Pereira Ballesteros

Representantes de familias:

  • Isolina Gallego Sotelo
  • Ana González Pereira
  • Mercedes Sieiro Moral
  • Ruth Teijeiro Pérez (nomeada pola ANPA)
  • Raquel Vilariño Cutrín

Representante do Concello:

  • María Faraldo Rivas

Representante de persoal non docente:

  • Vacante
*O Consello Escolar constituirase o martes día 4 de decembro ás 19.00 horas.
Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut