Skip to Content

Notas informativas

Programa consumo froita e leite

Un ano máis participamos no Programa escolar de consumo de froita, hortalizas e leite nas escolas co obxectivo de fomentar os hábitos saudables.

Ofreceráselle ao alumnado froita de tempada (do 16 ao 27 de xaneiro) e leite (do 23 de xaneiro ao 17 de febreiro).

E non esquezades botar unha ollada na entrada do colexio ao noso reto saudable do mes.

Becas alumnado NEAE

Recordamos ás familias que solicitan becas do Ministerio de Educación para alumnado con NEAE, que o prazo para a súa presentación no centro remata o día 30 de setembro.

Programas reforzo

Recupéra-T

Comunicamos a posta en marcha da actividade de Contratos-programa Recupéra-T que establece medidas de reforzo docente a través dos programas:

-Arco (cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación 2014-2020 do Ministerio de Educación e Formación Profesional) destinado para alumnado de 4º e 5º de Primaria, durante o 1º trimestre do curso 2021-22.

-PROA+ (Programa para a Orientación, Avance e Enriquecemento Educativo 2021-2023 cofinanciado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea no marco do Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia) destinado a alumnado de 6º de Primaria, durante todo o curso 2021-22.

Renovación parcial Consello Escolar

ELECCIÓN E CONSTITUCIÓN

DA XUNTA ELECTORAL

Apertura proceso electoral para renovación parcial dos membros do Consello Escolar (Resolución 20/09/21).

A Xunta Electoral será a encargada da organización e supervisión do proceso para a renovación.

  • Compoñentes: un/ha representante do profesorado, un/ha representante das familias e un/ha representante do persoal de administración e servizos.
  • Sorteo público para elección compoñentes: luns, 18 de outubro, ás 09.30 horas, no salón de actos.
  • Constitución: martes, 2 de novembro.

*Comunicado sobre a renovación parcial do Consello Escolar (documento completo) Enlace

Entrega libros de texto

Comezamos coa entrega dos libros de préstamo asignados ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Para unha mellor organización e para evitar, na medida do posible, as aglomeracións no centro educativo envíamoslles a continuación o horario para a recollida dos libros de texto de:

As familias de 3º e 4º poderán recoller os seus libros o martes, 7 de setembro, co seguinte horario e lugar de recollida. A recollida a deberá facer soamente unha persoa (pai, nai ou persoa autorizada). Enlace ao documento de autorización

 

CURSO

 

HORA

ENTRADA AO CENTRO

LUGAR DE RECOLLIDA

3º A

12.00 h a 13.00 h

Rúa Castelao

Aula 3ºA

3º B

12.00 h a 13.00 h

Rúa  Porriño

Aula 3ºB

4º A

13.00 h a 14.00 h

Rúa Castelao

Aula 4ºA

4º B

13.00 h a 14.00 h

Rúa Porriño

Aula 4ºB

As familias de 5º e 6º poderán recoller os seus libros o mércores, 8 de setembro, co seguinte horario e lugar de recollida. A recollida a deberá facer soamente unha persoa (pai, nai ou persoa autorizada). Enlace ao documento de autorización

 

 

CURSO

 

HORA

ENTRADA AO CENTRO

LUGAR DE RECOLLIDA

5º A

12.00 h a 13.00 h

Rúa Castelao

Salón de Actos

5º B

12.00 h a 13.00 h

Rúa  Porriño

Aula 5ºB

6º A

13.00 h a 14.00 h

Rúa Castelao

Aula 6ºA

6º B

13.00 h a 14.00 h

Rúa Porriño

Biblioteca

*O profesorado titor do alumnado de 3º e 5º de primaria contactará coas familias para comunicarlle o grupo asignado ao seu fillo/filla.

Inicio novo curso

Estimadas familias:

O vindeiro 9 de setembro comezaremos outro curso escolar marcado pola pandemia da Covid-19. Esto quere dicir que, unha vez máis, o equipo do profesorado do CEP Celso Emilio Ferreiro está a preparar a volta ás aulas tentando que sexa o máis segura posible.

Seguindo as recomendacións do Protocolo de Adaptación ao contexto da Covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022, informamos de que as entradas e saídas do alumnado faranse de xeito escalonado.

O vindeiro martes serán publicados na web os horario oficiais, xunto cunha circular informativa de inicio de curso.

Pregamos a máxima comprensión e colaboración para unha boa organización neste momento que nos toca xestionar e recordamos que as canles informativas oficiais coa comunidade educativa son a páxina web oficial do colexio e os avisos a través do AbalarMóbil.

Moitas grazas pola vosa colaboración e un saúdo.

O equipo do profesorado do CEP Celso Emilio Ferreiro.

 

Conmemoracións

SAMAÍN

Estimadas familias,

o vindeiro venres, 30 de outubro, o alumnado que queira vir  disfrazado NON poderá traer ningún tipo de accesorio, nin na man, nin na cabeza, nin nada sobre o rostro (careta, maquillaxe...). É dicir, soamente a roupa do disfraz.

Por suposto, non esquezades a mascarilla!!!!!

Un saúdo

O equipo directivo

Servizos complementarios

AVISOS

RECOLLIDA TRAS SERVIZO COMEDOR

A recollida do alumnado que fai uso do servizo de comedor será soamente pola Rúa Porriño.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Dende a ANPA Moraima comunican

que este curso escolar non van ofrecer actividades extraescolares, xa que non teñen a capacidade, como pais e nais do centro, de poder garantir as medidas de prevención contra o COVID-19 nas actividades que xestionamos.

Polo tanto non haberá servizo de aula matinal nin actividades extraescolares.

No caso de que a situación mellore a ANPA volverá a valorar o seu funcionamento.

Curso 2020-21

 INFORMACIÓN

Estimadas familias.

O equipo do profesorado do CEP Celso Emilio Ferreiro está a preparar a volta ás aulas tentando que sexa o máis segura posible. Somos coñecedores de todas as incertezas que se vos plantexan e tentaremos ir dándolle resposta.

Son moitas as normas que imos ter que cambiar para evitar aglomeracións e posibles contaxios, o documento que nos guía na elaboración do noso Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020-2021 é o protocolo editado pola Xunta do 22 de xullo e modificado posteriormente o 31 de Agosto, o cal poñemos á vosa disposición no seguinte enlace.

Grazas pola vosa colaboración.

Proxecto Sostibilidade

SOSTIBILIDADE: ECOCELSOS EN ACCIÓN

CONCURSO IMAXE DO PROXECTO

Neste curso puxemos en marcha un proxecto sobre desenvolvemento sostible e coidado do medio ambiente e que accións podemos levar a cabo para contribuír a protexer o noso planeta.

O alumnado de 6º elaborou un cartel coas bases para un concurso co que pretendemos conseguir o logo para o proxecto.

Esperamos que vos animedes a achegar as vosas propostas e que sexades orixinais e nos sorprendades.

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut