try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Rianxo

Xornada Xogade no CEIP Ana Mª Diéguez

O mércores participamos nunha xornada de convivencia deportiva cos compañeiros/as de 4º, 5º e 6º do CEIP Ana Mª Diéguez. Toda unha mañá de xogos en equipos, desfrutando do deporte e facendo novos amigos e amigas. Fantástico! Que ben o pasamos!

Obradoiro de vídeo xogos

O pasado martes estivo na nosa clase Carlos Ces, que é o Informático do Concello de Rianxo. Veu impartir un obradoiro de creación de vídeo xogos. Foi moi interesante e moi divertido. En dúas sesión aprendemos a comezar a crear xogos de balde, coas mesmas funcionalidades de moitos dos xogos comerciais que nos gustan. Encantounos! Seguiremos fedellando e aprendendo. Grazas, Carlos!

Xurxo Souto: embaixador de Rock in Rian

O venres pasado gravamos con Xurxo Souto no Auditorio de Rianxo. Xurxo é o embaixador de Rock in Rian no Brea Segade. Os "embaixadores/as" de Rock in Rian é unha iniciativa para achegar o festival e as músicas en galego aos nenos/as e mozos/as de Rianxo. Participamos no proxecto os centros de Primaria e Secundaria de Rianxo, cada quen co seu embaixador/a e cun tema musical diferente.

teatro

O próximo mércores imos ao Auditorio de Rianxo a ver "Golfiño".

 
 
 
 

5º colector

Imos ter un 5º colector de lixo en Rianxo. Un colector para lixo orgánico co que se fará compost. Onte tivemos unha charla organizada polo concello, para explicarnos como se vai organizar o uso dese 5º colector, que será de cor  marrón,  e tamén para falarnos dos composteiros comunitarios que van botar a andar no noso municipio. A charla foi moi interesante e fixemos un montón de preguntas. 

                                                                                           

Distribuir contido