try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Información inicio do curso

Información Inicio do curso escolar.

2023/2024


- Informamos que o venres día 8 de setembro haberá reunión de titorías coas súas familias, nos seguintes horarios. De 10 a 11 cursos de 3º e 4º. De 11 a 12 cursos de 1º e 2º. De 12 a 13 cursos de 5º e 6º.


- A partires de mañá martes 5 e ata o día 8 de setembro podedes pasar a recoller os cheques de material e libros de texto. O horario de atención ao público da secretaría do centro será de 10:30 a 13:00.


- A entrega de libros para alumnado de 3º e 4º realizarase na reunión xeral do venres día 8.


- O início de clase será o luns 11 de setembro no horario acostumado de 9:25 a 14:25.