try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Blogues

_Fondo de Libros

Bo día a tod@s,

Dende o martes 21 de maio queda aberto o prazo para solicitar a axuda de material escolar, libros e fondo solidario de libros de texto.

Pódese facer a través do enlace que indicamos a continuación ou no centro escolar presentando anexo I e II e documentación solicitada.

Un saúdo.

Enlace ao documento on line

Anexo I

Anexo II

O prazo remata o 21 xuño.

Rematamos os títeres!!

Esta semana rematamos os títeres que comezaramos hai meses con Electra. Desta vez fixémoslles roupa e mans, démoslles retoques ás cabezas e, como remate do obradoiro, creamos obras de títeres en tempo récord e representámolas. Gustounos moito! E fixemos un moniquecres ben chulos! Grazas, Electra!!!

Nova visita a Máis ca leña

E por fin, despois de cancelacións por chuvia, viñeron facer a visita a Máis ca leña as escolas de Cruceiro e Capela. Sempre é un gusto recibir aos nosos compañeiros e compañeiras do CRA, que veñen con tantas ganas. Grazas!

Colexio do Benquerer: a máquina do tempo

Seguimos abrindo aulas no Colexio do Benquerer e realizando novas actividades. A última foi unha máquina do tempo que nos levou a descubrir e reflexionar os cambios na puberdade. Moi interesante!

 
 

Asemblea Extraordinaria

Estimadas familias,

Lembrámosvos que hoxe, xoves 30 de maio, ás 19:00h e ás 19:15h en segunda convocatoria, se celebrará Asemblea Extraordinaria da ANPA coa renovación da Xunta Directiva como único punto da orde do día. Trátase dun asunto de grande importancia, polo que rogamos a vosa asistencia e participación. Agardámosvos no auditorio da escola (primeiro andar). Grazas.

Argentina

Hoxe estiveron na nosa clase Laura, Daniel e Estrella, a nai, o pai e a avoa de Sofía. Viñeron para falarnos sobre a Arxentina. Tiñamos un montón de preguntas preparadas, responderon a todas e moitas máis.  Canto aprendemos! Gustounos moito! Moitas grazas aos tres Risa

Asemblei Xeral

Asemblea Xeral e Extraordinaria 2024

Estimadas familias,

En base ao artigo 18 dos Estatutos da Asociación, a Xunta Directiva da ANPA CEP Xosé María Brea Segade convoca Asemblea Xeral e Extraordinaria para o próximo xoves 23 de maio ás 19:00 h en primeira convocatoria no AUDITORIO DO CENTRO ESCOLAR e en segunda convocatoria ás 19:30 h no mesmo lugar, coa finalidade de RENOVAR A ACTUAL XUNTA DIRECTIVA e tratar outros temas de interese para a asociación, polo que rogamos a vosa asistencia e participación.

Recomendamos que leades o documento adxunto, onde proporcionamos información importante.

 

Radio BBS: Hip Hop

Xa están publicados na páxina da Radio BBS os nosos podcasts sobre Hip Hop. Levounos un tempiño...Vergoña pero quedaron moi ben. Escoitádeos e compartídeos!

Visita ao Pazo de Goiáns

O mércores pasado Quinto e Sexto visitamos o Pazo de Goiáns en Boiro guiados polo alumnado e profesorado do Obradoiro de Emprego Medioambiental. Boa parte da visita consistiu na descuberta do espazo exterior do pazo, xardín, bosque, porto... que ten unha enorme riqueza medioambiental, con varias árbores senlleiras e especies difíciles de atopar noutros lugares. Tamén visitamos o interior do Pazo e a súa torre.

                                                                                           

Distribuir contido