Skip to Content

Concurso Illas Cíes

Premer para seguir lendo

Día de Neira Vilas

Sito na travesía Memorias dun neno labrego e flanqueado pola rúa que recibe o mesmo nome, o CEIP Xesús Golmar vive unha conexión moi especial con Xosé Neira Vilas, cuxa biblioteca foi bautizada na honra do autor de Gres. 

 

Corría abril do 2012 cando Pepe Neira Vilas, paseniñamente polos corredores do centro onde o alumnado o recibía lendo e amosando fragmentos das súas obras máis sobranceiras, descubría a placa da biblioteca co seu nomeAo vela non podía agochar un sorriso profundo e sincero ao tempo que lembraba “Teño unha rúa aquí, unha estatua alí na praza e agora unha biblioteca… Este barrio é todo meu!”. E aínda por riba ese mesmo día estreouse a Muiñeira de Neira Vilas, composta especialmente para a ocasión. 

 

É por iso que non podiamos deixar pasar unha oportunidade tan fermosa coma o seu cumpreanos, coma o Día de Neira Vilas, para lembrar, descubrir e afondar na vida e obra dunha persoa que marcou a historia das letras galegas. 

 

Na última semana levamos a cabo diversas actividades en torno á súa figura. Nas distintas aulas foise repasando a súa traxectoria facendo especial fincapé nos seus anos na emigración e na volta a Galicia onde xunto á súa inseparable Anisia Miranda se fixo cargo da Fundación que leva o seu nome dinamizando desde o rural a literatura galega e achegándoa a todo o mundo. 

 

Ademais fixéronse lecturas dalgunha das súas obras máis representativas, especialmente Memorias dun neno labrego e visualizamos o documental “O espantallo amigo”. Precisamente ambientado neste conto decorouse a entrada do centro cunha gran árbore sobre a que o espantallo amigo dos paxaros e do resto de animais desfruta coas entradas e saídas dos máis cativos.

 

Nese mesmo espazo contamos cunha exposición da obra completa de Xosé Neira Vilas, atopándose algún exemplar de gran valor ao estar asinado polo autor e mesmo sendo agasallados á biblioteca do centro por el mesmo. 

 

achegamento á vida e obra de Neira Vilas levouse a cabo en todos os niveis educativos e dun xeito interdisciplinar para posibilitar afondar no seu coñecemento a través de todas as materias e empregando os máis variopintos recursos.

 

Samaín 2019

 

Con motivo da celebración do Samaín levouse a cabo no CEIP Xesús Golmar un concurso de portas no cal o alumnado tivo que decorar as portas das súas aulas con elementos propios desta anterga festividade.
 
Participaron as 28 aulas (19 de primaria e 9 de infantil) con traballos moi elaborados e creativos nos cales se volcaron para profundizar na nosa tradición e cultura.

 

Premede na imaxe para ver algunhas

Festival de 6º

Para ver en pantalla completa premer en youtube e despois en pantalla completa

Festival de infantil

Para ver en pantalla completa premer en youtube e despois en pantalla completa

Revista San Martiño 2019

Xa está dispoñible un novo número da revista San Martiño!!!

Desexamos que vos guste

 

Premio Educacompostela 2018

Hoxe o alumnado de 5ºD recolleu o 1º premio Educacompostela 2018 como grupo colaborador do proxecto "IMAGOTECA".

Parabéns!!!

 

XV Xornadas de pais e nais

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando as XV XORNADAS DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.

Dirixímonos a vostedes para solicitarlles a súa colaboración na difusión, entre a comunidade educativa dos centros, as persoas socias da ANPA, as familias e profesorado, desta actividade formativa destinada a sensibilizar ás familias e ao público en xeral na educación en igualdade e prevención da violencia de xénero.

Xuntamos o programa das xornadas. Tamén contaremos cun servizo de atención a menores baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.

Para intentar facilitar a asistencia ás familias e profesorado esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:

 ·         A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).

 ·         LUGO | 1 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70).

 ·         PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).

 ·         OURENSE | 8 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida da Habana, 79)

A Secretaría Xeral da Igualdade estará a súa disposición para toda a información que requira, no enderezo electrónico xornadas.igualdade@xunta.es e nos teléfonos 981 545360/ 981 545312. Achegámoslle o cartel e folleto informativo onde figura o programa e os datos do formulario de inscrición, que tamén se atopan dispoñibles na nosa páxina web http://igualdade.xunta.es/

 

 

Axudas libros de texto

Premer na imaxe para ver a informacion

  

 

ORDE do 3 de maio de 2019

Día das Letras Galegas

Antón Fraguas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut