O NOSO CENTRO
O noso Centro foi inaugurado en Novembro do 1963, por aquel entón a súa denominación era "Colegio Nacional Comarcal Mixto de Portomarín"
Daba cabida a alumnos procedentes do Concello de Portomarín e do Páramo.
No ano 1994 abriuse un centro no Páramo polo que a partires dese momento ó noso Centro tan só acoden alumnos do Concello de Portomarín e dunha parroquia colindante do Páramo.
A denominación actual é C.E.I.P. Virxe da Luz .
Ata fai dous anos contábamos con dous edificios.No edificio antigo atopábanse as aulas de Infantil e Primaria ademais das de informática, laboratorio, Departamento de Orientación, audiovisuais, inglés, titorías, biblioteca, espacios administrativos e comedor.
No edificio novo estaban: o Ximnasio cuberto, aula de Usos múltiples, aulas de Plástica, Música e Informática.
Ao disminuir o número de alumnos, todas as aulas se agruparon no edificio antigo e o novo foi cedido ao concello para que sexa utilizado como albergue xa que hai moito pelegrín e os espazos para darlles cabida estaban quedando pequenos.
Tan só queda fora o ximnasio.