Skip to Content

3ª MISIÓN

Ola! Bos días!

A Raiña Dourada ten unha nova misión para os nenos e as nenas.

No archivo adxunto tendes un documento para que lean os nenos ou lle leades vós sobre a vida na época medieval.Ademaís dun pdf con ideas para facer a coroa e un sobre actividades matemáticas.

Coma sempre, son actividades voluntarias e sempre as podedes adaptar ás vosas posibilidades e ás características dos vosos peques.

Para esta misión vamos pedirvos diferentes tarefas dependendo do curso así que, se queredes, podedes entrar no apartado de cada curso.

3ª MISIÓN

Queridos alumnos/as, preciso da vosa axuda para unha nova misión:

O Marqués de Carabás do reino de IRÁS E NON VOLVERÁS, invitoume a unha festa, pero teño un problema, non atopo unha coroa bonita para tal evento, polo que preciso que me fagades unha, pero ten que ser unha especial con moitas cores e cuns elementos moi especiais que vos conto a continuación, prestade moita atención para facela ben porque son uns dilemas para o Marqués.

 

A coroa ten que levar ademáis de todo o anterior:

6º INF

 

-Tantas fabas como días hai en dúas semanas deste mes.

-Tantas lentellas como poidas contar cos dedos das túas mans e dos teus pés + 33.

-Tantos grans de arroz como 5 veces os dedos das dúas mans menos 10.

 

 

 

A Raiña Dourada  e o seu equipo esperamos que vos atopedes todos moi ben. Moito ánimo e apertas.

AdxuntoTamaño
SUXERENCIAS PARA A REALIZACION DA COROA.pdf614.01 KB
Informacion para seguir aprendendo cousas da idade media.pdf519.23 KB
MATEMATICAS BASICAS 2 - DYLAR.pdf643.18 KB


page | by Dr. Radut