Ola! Bos días!
A Raiña Dourada ten unha nova misión para os nenos e as nenas.
No archivo adxunto tendes un documento para que lean os nenos ou lle leades vós sobre a vida na época medieval.Ademaís dun pdf con ideas para facer a coroa.
Coma sempre, son actividades voluntarias e sempre as podedes adaptar ás vosas posibilidades e ás características dos vosos peques.
Para esta misión vamos pedirvos diferentes tarefas dependendo do curso así que, se queredes, podedes entrar no apartado de cada curso.
3ª MISIÓN
Queridos alumnos/as, preciso da vosa axuda para unha nova misión:
O Marqués de Carabás do reino de IRÁS E NON VOLVERÁS, invitoume a unha festa, pero teño un problema, non atopo unha coroa bonita para tal evento, polo que preciso que me fagades unha, pero ten que ser unha especial con moitas cores e cuns elementos moi especiais que vos conto a continuación, prestade moita atención para facela ben porque son uns dilemas para o Marqués.
A coroa ten que levar ademáis de todo o anterior:
6º INF
-Tantas fabas como días hai en dúas semanas deste mes.
-Tantas lentellas como poidas contar cos dedos das túas mans e dos teus pés + 33.
-Tantos grans de arroz como 5 veces os dedos das dúas mans menos 10.
5º INF
-Tantas fabas como a suma dos meus ollos, o meu nariz, a miña boca e as miñas orellas.
-Tantas lentellas como a suma dos dedos dunha man e os dedos da outra.
-Tantos grans de arroz cono a suma dos nenos e das nenas que hai na clase dos azuis.(10+5).
4ºINF
-Tantas fabas como dedos tes nunha man.
-Tantas lentellas como nenos e nenas hai na clase de 3 anos(7)
-Tantos grans de arroz como o número de brazos tes.
A Raiña Dourada e o seu equipo esperamos que vos atopedes todos moi ben. Moito ánimo e apertas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
SUXERENCIAS PARA A REALIZACION DA COROA.pdf | 614.01 KB |
Informacion para seguir aprendendo cousas da idade media.pdf | 519.23 KB |