Actividades 23-24

Programa de radio, Grandes mulleres: Clara Grima e as matemáticas

O alumnado de 5º e 6º fixo un traballo de investigación sobre a matemática Clara Grima, o resultado foi este programa de radio.

 

Experimento químico: fabricando neve

O terceiro domingo de xaneiro conmemórase o Día Mundial da Neve.Desde o noso centro quixemos valorar a importancia da neve en todos os campos, non só no ámbito deportivo,  explicar o fenómeno da neve e traballar tamén o refraneiro. Porque... quen non escoitou nunca eso de... "Año de nieves, año de bienes"?

Aplicamos a ciencia tamén neste campo e fabricamos neve de dous xeitos diferentes: nun dos experimentos empregamos bicarbonato de sodio e no outro opoliacrilato de sodio que traen os cueiros dos bebés. Aquí tedes os resultados.

    

Escornabots na materia de música

Traballamos cos Escornabots na aula de música.

Mulleres galegas na nosa radio

O alumnado de 2º,3º e 4º fixo un proxecto sobre igualdade, unha das actividades foi facer un pequeniño programa de audio sobre mulleres galegas, algún nivel centrou o seu traballo en mulleres deportistas galegas. Investigaron sobre a súa vida, o seu traballo etc, como produto final elaboraron un pequeno audio ó que se accede a través dun código QR.

 

Proxecto Interxeracional: Creacións con pasta de sal

O alumnado de 5º e 6º xunto cos maiores da residencia do concello elaboraron xoieiros con pasta de sal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Proxecto interxeracional: Atrapasoños

Todos os cursoso facemos actiividades en colaboración coa residencia da terceira edade do pobo.

O alumnado e os maiores interactúan e colaboran en diferentes elaboracións.

Neste curso elaboramos "Atrapasoños" utilizando material de refugallo como lá de diferentes cores e materiais divesos para decorar

 

Os horreos

PROXECTO SOBRE OS HÓRREOS, CANASTROS, CABACEIROS

- OBXECTIVOS

. Dar a coñecer os cacipos como construcións do noso patrimonio cultural

. Conciencias á comunidade educativa e a veciñanza en xeral sobre a importancia de coidar, preservar os hórreos 

- ACTIVIDADES

. Charla informativa sobre os cacipos impartida por Arturo Fernández, experto neste tipo de construccións

. Construcción dun cacipo utilizando polas de sanguiño ó estilo tradicional

. Construcción du cacipo utilizando a impresora 3D e a cortadora láser. Coa impresora 3D imprimimos as pezas que normalmente son en pedra. Coa cortadora láser contamos as pezas que normalmente son en madeira.

. Xogo en Scratch. Un laberinto no cal un ratiño trata de chegar ó cacipo para comer o millo

. Vídeos informativos sobre este tipo de construccións. Os vídeso fixéronse utilizando o croma e nas tres liguas que se imparten no centro (galego, castelán e inglés), no pobo hai unha aira chea de cabaceiros, aĺi puxemos códigos QR con acceso a estes vídeos pensando no peregrinos.

    

Máscaras típicas do Entroido da nosa zona

Vilar de Barrio está a medio camiño entre Xinzo e Maceda. As familias e o alumnado están moi implicados no Entroido de Xinzo e no de Maceda, dependendo da situación do pobo.

Moito do noso alumando ten o traxe de Felo ou o de Pantalla.

Coa impresora 3D imprimimos máscaras de Felo e de Pantalla a modo de colgante.

Deseñamos con Tinkercad e imprimimos na impresora con PLA branco, logo o alumnado coloreou.

       

Distribuir contido