Concurso de creación literaria: "A pataca, a Limia e ti"

Iniciativa do Concello de Vilar de Barrio en colaboración cos centros educativos da Comarca da Limia para promover a creación literaria no ámbito escolar. Actividade enmarcada dentro da celebración da FESTA DA PATACA.

TEMA: A pataca

BASES

1.-PARTICIPANTES

Alumnado dos centros de ensino da comarca da Limia de forma individual ou en grupo.

2.-CATEGORÍAS

  1. De 4º a 6º de Primaria

  2. 1º e 2º da ESO

3.-FORMATO

Serán traballos inéditos en prosa, en verso ou cómic en lingua galega, escritos a man ou ordenador que poderán ter un debuxo ou ilustración, como complemento ou integrado no texto.

Tamaño: un folio A4 por unha cara.

Todas as composicións deberán ir encabezadas por un título.

4.-PRESENTACIÓN

O alumnado entregará o traballo ó profesor/a identificado pola parte de atrás cun pseudónimo e un sobre pechado que levará por fóra o pseudónimo e dentro os seguintes datos : nome e apelidos, curso e centro educativo.

Os traballos orixinais e os sobres (ambos unidos cun clip) entregaranse na dirección do centro, onde serán custodiados ata que sexan recollidos.

5.- PRAZO

Data límite o 7 de outubro

6.-XURADO

Unha comisión nomeada polo Concello.

7.-PREMIOS

O premio, para todos os participantes, consistirá nun libro que o Concello editará posteriormente, no que se recollerán todos os traballos.

Haberá unha mención especial para os tres primeiros de cada categoría

8.-FALLO DO XURADO

O fallo do xurado farase público o 13 de outubro pola tarde durante os actos de conmemoración da festa da pataca.

9.- DIFUSIÓN

A participación neste certame implica a aceptación das bases e o consentimento para a publicación das obras nun libro que editará o Concello.