xoguetes

Chegou o Nadal e nesta época na que os nenos e nenas andan moi preocupados pensando que pedirlle ós Reis Mago, no noso cole (en colaboración coa ASPG)realizamos un obradoiro no cal o noso alumnado elaborou xoguetes con material de refugallo. Pasárono moi ben facendo os xoguetes pero seguro que o pasan mellor xogando con eles.

Queredes ver como facer?:

- Unha serpe con caixas de ovos.

- Un barco con bandexas da carne.

- Gafas con bandexas da froita.

- Bonecas con bandexas da froita.

- Un autobús con caixas de leite.

- Etc

Visita a nosa Galería e alí terás todas as fotos.

»»»»»

Buscando na Rede tamèn se poden atopar cousas interesantes. Neste estupendo blog Actidulis, atopamos este artigo onde nos din como crear un monedero a partir dun cartón de leite.

para acceder pincha aquí