Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022
Enviado por admin o Lun, 06/09/2021 - 12:05No seguinte enlace podedes consultar a nova documentación publicada pola Consellería de Educación en relación á Covid 19 nos centros educativos.
En arquivos adxuntos podedes acceder directamente á nova versión do protocolo con data do 1 de setembro.
IMPORTANTE. Reunión coas familias de Educación Infanitl. Curso 21 - 22
Enviado por admin o Sáb, 04/09/2021 - 00:10
As familias do alumnado de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos), quedades convocadas para unha reunión informativa o vindeiro Martes día 7 de setembro ás 11.00 h.
A reunión terá lugar no patio de Infantil e só se permitirá o acceso dun familiar por alumno ou alumna. Lembrámosvos a obrigatoriedade de asistir con máscara.
Recibiredes a convocatoria a través de AbalarMóbil.
Para todos aqueles que aínda non teñan a aplicación instalada, podedes acceder á súa descarga no enlace á marxe.
Curso 21 - 22. Quecendo motores
Enviado por admin o Mér, 01/09/2021 - 18:04Xa estamos quecendo motores.
Irémosvos avisando das novidades. Aproveitade que non queda nada...
LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS
Enviado por admin o Lun, 12/07/2021 - 10:00Xa está colgada no taboleiro do centro a Listaxe Difinitiva de Fondo Libros. Os libros entregaranse en Setembro.
Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto con Nós a través da páxina web do centro.
LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS
Enviado por admin o Sáb, 03/07/2021 - 12:42Bo día,
O mércores 7 de xullo publicarase, no taboleiro de anuncios do centro, a listaxe provisional de admitidos no fondo de libros. Se o centro non se puxo en contacto con vós esta semana e vos comunicou o contrario, é que vos corresponde o total da axuda. O prazo de reclamación é de dous días a partir da publicación.
O luns 12 farase entrega dos vales correspondentes entre as 11 e 14 horas.
Para calquera dúbida atenderémosvos a través do correo electrónico do colexio.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »