AbalarMobil
Enviado por admin o Mar, 28/09/2021 - 23:32Dende o centro lembramos ás familias a existencia da ferramenta AbarMóbil como un recurso que nos ofrece a Consellería para as diferentes comunicacións do profesorado coas familias, (mensaxería, publicación de cualificacións, avisos, etcétera). AbalarMóbil será a ferramenta de uso prioritario por parte do claustro.
Na marxe dereita dispoñedes do enlace correspondente.
Neste enlace (nos arquivos adxuntos), atoparedes a Guía para as familias da devandita aplicación.
AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 23/24
Enviado por Inglés o Lun, 01/04/2024 - 12:33AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 23/24
En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso terá lugar a realización dunha Avaliación de Diagnóstico para o alumnado de 4º E.P. e 2º E.S.O.
No caso de Galicia serán os próximos días 10 e 11 de abril de 2024.
Para máis información:
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24-25
Enviado por Inglés o Lun, 04/03/2024 - 14:51PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 24/25:
1º PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 1 ao 20 de marzo de 2024
2º A SOLICITUDE pode facerse de xeito telemático ou presencial no Centro.
Opcións
a) De xeito manual_ descargar o documento adxunto (Admisión galego ou Admisión castelán), cubrilo, asinalo e entregalo no Centro.
b) Telemáticamente_ na web admisionalumnado, descargala, asinala e entregala no Centro.
c) Cubrir a solicitude dixitalmente e asinala en Sede Electrónica_ acceder a admisionalumnado con usuario Chave 365 ou Certificado Dixital.
3º NORMATIVA E MANUAIS:
www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
4º No arquivo Información matrículas, atoparedes toda a DOCUMENTACIÓN que é preciso presentar.
Calendario escolar. Curso 23 - 24
Enviado por admin o Ven, 19/05/2023 - 10:45No arquivo adxunto tedes á vosa disposición o calendario escolar para o vindeiro curso 23 - 24.
Comezo da actividade lectiva: Luns, 11 de setembro
Último día de clases: Venres, 21 de xuño
Ademáis lembrámosvos as seguintes datas e períodos non lectivos do curso:
21/09: Virxe da Pena de Francia - Festivo local (xoves)
12/10: Día do Pilar (xoves)
01/11: Todos os Santos (mércores)
06/12: Constitución (mércores)
07/12: Día do Ensino (xoves)
08/12: Inmaculada Concepción (venres)
22/12 - 07/01: Vacacións de Nadal (ambos incluídos)
12, 13 e 14/02: Entroido
25/03 - 01/04: Semana Santa (ambos inclusive)
17/05: Día das Letras Galegas (venres)
20/05: Luns de Pentecostés (Festivo local)
Avaliacións. Entrega de notas:
1ª avaliación: 21/12
2ª avaliación: 22/03
3ª avaliación: 21/06
Admisión alumnado. Curso 23-24
Enviado por admin o Xov, 27/04/2023 - 11:11Dende o centro comunicamos que todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión no prazo establecido ten praza.