AbalarMobil
Enviado por admin o Mar, 28/09/2021 - 23:32Dende o centro lembramos ás familias a existencia da ferramenta AbarMóbil como un recurso que nos ofrece a Consellería para as diferentes comunicacións do profesorado coas familias, (mensaxería, publicación de cualificacións, avisos, etcétera). AbalarMóbil será a ferramenta de uso prioritario por parte do claustro.
Na marxe dereita dispoñedes do enlace correspondente.
Neste enlace (nos arquivos adxuntos), atoparedes a Guía para as familias da devandita aplicación.
Calendario escolar. Curso 23 - 24
Enviado por admin o Ven, 19/05/2023 - 10:45No arquivo adxunto tedes á vosa disposición o calendario escolar para o vindeiro curso 23 - 24.
Comezo da actividade lectiva: Luns, 11 de setembro
Último día de clases: Venres, 21 de xuño
Ademáis lembrámosvos as seguintes datas e períodos non lectivos do curso:
21/09: Virxe da Pena de Francia - Festivo local (xoves)
12/10: Día do Pilar (xoves)
01/11: Todos os Santos (mércores)
06/12: Constitución (mércores)
07/12: Día do Ensino (xoves)
08/12: Inmaculada Concepción (venres)
22/12 - 07/01: Vacacións de Nadal (ambos incluídos)
12, 13 e 14/02: Entroido
25/03 - 01/04: Semana Santa (ambos inclusive)
17/05: Día das Letras Galegas (venres)
24/05: Luns de Pentecostés (Festivo local)
Avaliacións. Entrega de notas:
1ª avaliación: 21/12
2ª avaliación: 22/03
3ª avaliación: 21/06
Admisión alumnado. Curso 23-24
Enviado por admin o Xov, 27/04/2023 - 11:11Dende o centro comunicamos que todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión no prazo establecido ten praza.
Solicitude de admisión curso 23 - 24
Enviado por admin o Mér, 01/03/2023 - 18:31No seguinte enlace atoparedes toda a información para a solicitude de praza no CEIP de Valeixe.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 20 de marzo.
A solicitude pode facerse de xeito telemático ou presencial no centro.
Aquelas familias que desexen facer a solicitude telematicamente, teñen información de axuda no seguinte enlace.
Aquelas familias que desexen facer a solicitude presencialmente nun so acto teñen acceso ao impreso de solicitude de admisión nos seguintes enlaces:
Solicitude de admisión de alumnado - Galego
Solicitude de admisión de alumnado - Castelán
Carreira Solidaria "Unoentrecienmil". Diploma
Enviado por admin o Mér, 30/11/2022 - 11:59Gracias a todas as familias pola colaboración.
