LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS

Bo día,

O mércores 7 de xullo publicarase, no taboleiro de anuncios do centro, a listaxe provisional de admitidos no fondo de libros. Se o centro non se puxo en contacto con vós esta semana e vos comunicou o contrario, é que vos corresponde o total da axuda. O prazo de reclamación é de dous días a partir da publicación.

O luns 12 farase entrega dos vales correspondentes entre as 11 e 14 horas. 


Para calquera dúbida atenderémosvos a través do correo electrónico do colexio.