Robótica educativa en primaria

Curso 20-21

PROGRAMA ROBÓTICA EDUCATIVA EN PRIMARIA

- M-BOT

       

- LEGO WEDO

       

- SCORNABOT

     

  

 

- MÁQUINAS SIMPLES

      

OBRADOIROS DE SCRATCH

- "Programando o universo" (4º, 5º e 6º)

      

 

- " De cando o pincel e o lapis se enfurruñaron e non quixeron compartir cadro" ( E.I., 1º, 2º e 3º)

    

  

Curso 19-20

M-BOT

Durante este curso 19-20 continuamos a participar no programa "Introdución á robótica educativa en primaria", co que seguimos desenvolvendo habilidades e destrezas de razoamento, comprensión e lóxica, á vez que traballamos diferentes contidos do currículo.

Comezamos recordando algúns aspectos da linguaxe básica de programación a través do software mBlock, baseado en Scratch 2.0 (cos robots m-Bot).

      

 

Algunhas das actividades que estamos levando acabo cos m-Bot nas distintas áreas son as seguintes:

  • Esquivar obstáculos (utilizando o detector de ultrasons).
  • Amosar imaxes na matriz de Leds.
  • despertador solar (emprgando o sensor de luz).
  • Medición de temperatura.
  • Cambios de estado da auga.
  • Segue liña negra.
  • Coche de policía (trballando o movemento e orientación espacial, programación das luces leds e do son, simulando unha serea)
  • Composición coas notas musicais.
  • Programación dun semáforo e cruce de semáforos.
  • elaboración de proxectos libres que planifican e presentan ao resto de compañeiros e compañeiras.

         

LEGO WEDO 2.0

Hoxe achegámonos aos contidos de ciencias da natureza co Lego Wedo 2.0.

Pasámolo xenial e aprendimos moitas cousas novas completando as seguintes fases en cada proxecto: 

fase de exploración sobre o tema,fase de creación e a última fase na que compartimos o noso proxecto realizado.

Algúns proxectos que estamos a desenvolver son:

  • Ventilador de enfriamiento.
  • Satélite móvil.
  • Sensor de movemento de Milo.
  • O caracol brillante.

Elaboración de proxectos guiados:

  • Plantas e polinizadores.
  • Metamorfose da rá.
  • Velocidade.
  • Estruturas robustas.
  • Forza

                          

                         .                                                     

ROBÓTICA EN E.I., 1º, 2º, e 3º

En Educación Infantil, primeiro, segundo e terceiro tamén aprendemos robótica!!

Utilizamos o DOC e os escornabots para mellorar a orientación espacial, aprendemos programación e vocabulario e traballamos as emocións.

Curso 18-19

Programa “introdución á robótica educativa en primaria”

Durante o presente curso 2018-2019 estamos a participar no programa de innovación educativa “introdución á robótica educativa en primaria”, co que se pretende introducir de maneira curricular a robótica e o pensamento computacional, e polo tanto a programación en diferentes materias do currículo (sobre todo matemáticas e as ciencias).

O proxecto estase a levar a cabo no 6º curso de primaria, extendéndoo a 4º e 5º a través da participación en diferentes actividades.

 

Para a posta en marcha de dito proxecto o profesorado participou nun plan de formación permanente do profesorado (PFPP) relacionado coas iniciativas formativas no ámbito STEM (ciencia- tecnoloxía- enxeñaría e matemáticas) e a robótica.

  

Distribuir contido