Actividades

PRESENTACIÓNS SOBRE PLANTAS

Nas seguintes ligazóns poderedes ver as presentacións realizadas polo alumnado sobre diferentes plantas da nosa contorna, dentro do noso proxecto de centro "Mugardos o noso ecosistema: as plantas".

O MEXACÁN

O FIÚNCHO

O CASTIÑEIRO

A FIGUEIRA

O SALGUEIRO

AS SILVAS

 

UTILIZACIÓN DE DIVERSOS RECURSOS MATERIAIS DO POLO CREATIVO

Utilización de material de refugallo para a creación de elementos de costrución, e práctica de motricidade fina en educación infantil (ambiente de arte).

Utilización do Kapla

Kits de máquinas simples 

Utilización do banco de carpinteiro para realizar estampado ecoprint.

Etiquetaxe de diferentes plantas e árbores (educación infantil).

 

OBRADOIRO DE COSTURA CREATIVA

Dentro das actividades do Polo Creativo, e vencellado ao proxecto de centro sobre as plantas, realizamos un obradoiro de costura creativa con estampado ecoprint. A actividade implicou á totalidade do alumnado do centro en diferentes partes do proceso (estampación, patronaxe, corte e cosido). As familias tamén compartiron os seus coñecementos connosco. Moitas grazas pola súa colaboración!

PRESENTACIÓN OBRADOIRO DE COSTURA CREATIVA

ENCONTROS NA NOSA RADIO: ENTREVISTA A XOÁN RUBIA

Na seguinte ligazón, podedes escoitar a entrevista que o alumnado de sexto lle realizou a Xoán Rubia na nosa radio.

https://drive.google.com/file/d/1jjZo1ywTrw25OElfecRsPbWGZMlkoSVR/view

Distribuir contido